dereita|miniatura|280x280px|O volcán Kliuchevskoi, que o río Kamchatcka bordea no seu tramo final. O río Kamchatka é un longo río asiático que discorre pola península de Kamchatka, en Rusia, e desemboca no océano Pacífico. Ten unha lonxitude de 758 km e drena unha cunca de 55 900 km² (maior que países como Togo ou Croacia).
Administrativamente, todo o río discorre polo krai de Kamchatka da Federación de Rusia.
O río é moi rico en salmóns que remontan o río cada ano por millóns, e que antes constituían unha das bases da alimentación da poboación indíxena dos itelmenes.Map 3.7 (Kamchatka) from the series prepared for the INSROP (International Northern Sea Route Programme) Working Paper No. 90 in 1997.
Xeografía A fonte do río Kamchatka atópase na Cadea Central (Sredny khrebet), unha especie de «columna vertebral» que ten a península Kamčatka da que é o río máis grande. Discorre un curto tramo en dirección sur, pero logo torna cara ao nordeste, nun treito inicial de montaña con numerosos rápidos. Logo discorre pola chaira central da península, a depresión localizada entre os macizos Central e Oriental e convértese nun río de chaira, con numerosos brazos, illas e meandros cambiantes e serpenteantes. Pasa polos pequenos asentamentos de Puschino, Krasnoie Zharmia, Milkovo, Kirganik, Mashura, Dolinovska, Rubikovo, Makarka, Sredne-Kamchatsk, Krapivnaia, Kozirevsk, Granevo, Kamenska, Ushki, Kozirevskii, Krasni Iar e Kresti.
Logo torna cara ao leste para rodear o volcán Kliuchevskoi (4750 m), entrando no seu treito final, no que tras chegar a Kamaki, curta limpamente a Cadea Oriental e sae á vertente oriental, xa preto da costa. Continua por Obujovo, Berezovii Iar, Nikolaievska e o porto de Ust-Kamchatsk (4.400 hab. est. en 2007), o único asentamento de importancia de todo o seu curso, situado na foz. O río desemboca mediante un delta con numerosas canles moi cambiantes, separadas por area e coios, que na súa parte posterior conecta co lago Nerpichye, o lago máis grande de Kamchatka. O delta comunica co golfo de Kamchatka, no Pacífico Norte (case no límite co mar de Bering).
O río é navegable un treito de 486 km desde a foz, aínda que se ve afectado por un período de xeadas máis ben longo, que vai en media de novembro a abril-maio.
O río ten moitos afluentes, sendo os principais os ríos Kensol, Andrianovka, Zhupanka, Kozyrevka, Kitilgina, Urts, Kirganik, Kavicha e Bol'shaia Kimitina.
O Kamchatka é rico en peixes, sendo o sitio de desova de moitas especies de salmón, como chavychi. A pesca realízase como actividade industrial e tamén como pesca recreativa, xa que Kamchatka é un lugar elixido por turistas de todo o mundo.
Hidroloxía O río Kamchatka ten un réxime nival de chaira. O seu caudal é moito máis equilibrado do que a maioría dos ríos de Siberia, experimentando un período de crecidas durante o tres meses de verán, cun máximo de 1710 m³/s en xullo. O seu caudal mensual decrece de forma regular até os 396 m³/s en marzo. Caudal medio mensual medido na estación hidrolóxica de Kliuchi (Datos calculados para o período 1931-1984 - cunca: 45.600 km² - en m³/s)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Península de Kamchatka Volcán Kliuchevskoi
Ligazóns externas (en ruso) Entrada do «río Kamchatka» na Gran Enciclopedia Soviética.
Categoría:Ríos de Rusia