miniatura|400x400px|Wampum iroqués e algonquino conmemorativo dun tratado de paz do século XVII. Museo Peabody, Universidade Harvard. O wampum, coñecido tamén como colar de wampum ou cinto de wampum, é un adobío elaborado á base de cunchas empregado polos nativos americanos no nordés do continente como obxecto diplomático e relixioso, e tamén como moeda."wampum". Encyclopaedia Britannica (britannica.com)."Wampum". L'Enciclopédie Canadienne (thecanadianencyclopedia.ca)."wampum". Enciclopedia.catBeauchamp, W. M. (1901).Orchard, W. C. (1929). Páxina 61.Breton, P. N. (1894).

Aínda que a palabra wampum se utilizou con frecuencia para se referir a diferentes tipos de doas, cunchas ou obxectos con doas, en puridade ten que ver só cun tipo específico de doas, que se distingue doutras por unha combinación de catro criterios: o material empregado —certas cunchas mariñas que se achan exclusivamente na costa atlántica—, a súa forma tubular e o seu tamaño —de 3 a 5 mm de diámetro e de 7 a 10 mm de lonxitude—.

Alternando as cores das doas, exclusivamente branco e púrpura, ilustrábanse adoito variados motivos, como cadrados, rombos, hexágonos, triángulos, cruces, liñas paralelas e/ou oblicuas, zigzags, círculos, machadas, edificios, figuras animais ou humanas etc.

Etimoloxía

A palabra wampum é unha abreviatura de wampumpeague ou wampumpeake, unha palabra algonquina meridional de Nova Inglaterra. Adoptada na lingua inglesa a principios do século XVII, esta expresión simplemente significa "cordel de cunchas brancas". Consonte a explicación de J. N. B. Hewitt:Hewitt, J. N. B (1915). Páxina 619.

Os neerlandeses denominaban o wampum coas expresións sewan ou zeewant no pidgin de Delaware.Starna, W. A. (2013). From Homeland to New Land: A History of the Mahican Indians, 1600-1830. University of Nebraska Press. Páxina 236. Nota 32. ISBN 978-0-8032-4495-5 miniatura|301x301px|Colar e póla de "porcelana".Bacqueville de La Potherie, C. C. (1722). Histoire de l'Amérique septentrionale. Vol. I. Nion et Didot, París. Páxina 334 (bis). Os franceses e os canadenses utilizaban para se referir ao wampum as expresións collier ou collier de porcelaine ("colar" ou "colar de porcelana"), mentres que os ingleses falaban de wampum belts ("cintos de wampum").Lainey, J. C. (2004). Páxinas 29 [nota 7] e 33 [nota 31]. En ambos os casos referíanse ao mesmo obxecto, que se intercambiaba durante reunións diplomáticas oficiais. Na actualidade, os obxectos de wampum clasifícanse adoito segundo a súa forma como colares ou cintos."Wampum". McCord Stewart Museum Montreal (Musee-mccord-stewart.ca).

Cómpre indicar que a principios do século XVII, a palabra francesa porcelaine ou pourcelaine refería á nácara e á substancia pulida das cunchas dun determinado molusco da familia Cypraeidae empregada na xoiaría.Vachon, A. (1970). Páxina 260.

É importante distinguir entre os colares e as pólas de wampum, xa que estas últimas consistían só en doas enfiadas nun cordel. Estas doas comerciábanse individualmente ou atadas xuntas para formaren unha única unidade de varios centos de doas."Wampum". Onondaganation.org

As perlas brancas de esnoguy O explorador francés Jacques Cartier desembarcou na illa de Montreal e visitou a aldea de Hochelaga en 1535. Os habitantes desta aldea apreciaban particularmente as doas brancas feitas con cunchas, ás que estes iroqueses do río San Lorenzo chamaban esnoguy —ou eſurgni— na transcrición de Lescarbot— ."This is that which … they call Wampum". En Early American Studies. Vol. 15. Nº 1, 2017. Páxinas 1-36.

Cartier foi tamén o primeiro europeo en describir o wampum."Jacques Cartier et la découverte du Canada". En L'Histoire. 67. Maio de 1984. No entanto, o esnoguy non é estritamente wampum, xa que procede de cunchas de auga doce.

Comercio das doas de wampum miniatura|Indio navagho cun colar de wampum no pescozo."Navajo Indian Man Wearing Large Silver Earrings, and Wampum Necklace". Southern Methodist University (Digitalcollections.smu.edu). Crese que o comercio de doas discoidais entre os grupos da costa atlántica que tiñan acceso a cunchas mariñas e os grupos xeograficamente arredados destas fontes de subministración, como os iroqueses e outros grupos da rexión dos Grandes Lagos, comezou antes da chegada dos europeos a América. Con todo, só logo do contacto entre europeos e nativos americanos as doas tubulares se estenderon cara ao interior. O uso crecente de puntas de metal e ferramentas europeas, ás que os nativos americanos pasaron a ter acceso, levou a un aumento considerable na produción de doas, ata o punto de que a rexión da costa leste pasou a coñecerse como "terra do wampum", e os pobos algonquinos que vivían ao longo da costa atlántica, como os narragansetts e os pequots, que as producían, foron chamados "mestres de moeda".Beauchamp, W. M. (1901). Páxinas 330-331, 338.Orchard, W. C. (1929). Páxina 68.Vachon, A. (1970). Páxina 268.Ceci, L (1980). Páxinas 844. Nº 30.Ceci, L. (1982). Páxina 100.

O wampum converteuse nunha mercadoría importante no comercio de peles. Foi a través deste produto que os neerlandeses e os ingleses puideron obter os milleiros de peles que precisaban para o comercio. Na procura de beneficio por riba de todo, decatáronse axiña do enorme potencial do wampum. Parece que o mellor xeito de animar os nativos americanos que vivían nas rexións interiores do continente a traeren as súas peles aos comerciantes europeos era proporcionarlles wampum. O wampum era a fonte do comercio de castores, e só con bens, sen wampum, non podían obter castores dos indios, tal e como lles explicou William Stuyvesant, gobernador dos Novos Países Baixos, aos directores da Compañía Neerlandesa das Indias Occidentais en 1660.Ceci, L. (1980). Páxina 841.

Estas doas foron adquiridas polos neerlandeses a produtores nativos americanos a cambio de diversos bens comerciais fabricados en Europa. Logo, con estas doas, os neerlandeses dirixíronse aos pobos nativos americanos máis ao oeste, que lles subministraban peles. Ao enviaren as doas desde a costa cara ao interior, fomentouse a exportación de peles ás colonias, onde os investidores acadaron grandes beneficios ao envialas a Europa. Lynn Ceci explica o movemento destes intercambios, que adoptou a forma dun triángulo comercial.Fenton, W. N. (1971). Páxina 441.Ceci, L. (1980). Páxina 844.Ceci, L. (1982). Páxina 98.

Á medida que o comercio medraba, estalaron guerras de conquista co obxectivo de controlar as fontes de subministración de doas e bens comerciais entre os grupos implicados no comercio. Por exemplo, os mohawks —iroqueses— subxugaron os mohicanos —un pobo algonquino produtor de doas— arredor de 1629, e os ingleses atacaron os pequots —tamén un pobo algonquino— arredor de 1637.Fenton, W. N. (1971). Páxina 442.Ceci, L. (1980). Páxinas 844-845. O ataque do exército británico á Primeira Nación Pequot, que naquel momento controlaba a maior parte da produción de doas de América, e a guerra resultante, foi considerado por moitos historiadores como o primeiro xenocidio na historia dos Estados Unidos".Ledoux, J. (2017). "Les wampums comme monnaie d’échange. Histoire de la première crise financière de l’actuel New York". Radio-Canada (ici.radio-canada.ca). 30 de setembro.

Uso do wampum como moeda

En Nova Holanda e Nova Inglaterra miniatura|Cuncha da rexión de Long Island, Nova York, empregada na fabricación de wampum. Museo de Pointe-à-Callière.|300x300px Debido á grave escaseza de moeda metálica nas colonias neerlandesas, provocada pola negativa da Compañía Neerlandesa das Indias Occidentais a subministrarlles moedas metálicas aos colonos, estes recorreron ao wampum como forma de moeda. A elección deste produto non só se baseaba no feito de ser moi demandado polos nativos americanos que subministraban peles, senón que o wampum tamén cumpría outros criterios que o facían apto como moeda: as doas son duradeiras, de doado manexo (pequenas e lixeiras), accesibles (próximas á costa) pero relativamente escasas e difíciles de producir (arredor de 36 a 48 doas por día), o que axuda en certa medida a previr a falsificación. Finalmente, a súa divisibilidade facíaas moi útiles: calculado en doas soltas ou en brazas, o wampum podía cubrir unha ampla gama de prezos de bens e servizos. Logo de ser declarado o wampum como moeda de curso legal nos Novos Países Baixos, establecéronse varias leis e ordenanzas para regular o valor das doas.Beauchamp, W. M. (1901). Páxinas 351-356.Rosendale, S. W. (1895).Woodward, A. (1932).

Inflación O uso excesivo resultante agravou o problema da inflación que xa existía. En 1628, unha pel de castor valía unhas 252 doas de wampum brancas. Oito anos despois, a mesma pel valía unhas 1.440 doas".

Mala calidade e falsificación Cando non era a sobreabundancia de doas en circulación a que diminuía o seu valor, era a súa mala calidade a que facía que este flutuase. De feito, como o proceso de transformación de cunchas en doas non estaba suficientemente regulado nas colonias neerlandesas, había doas de mala calidade ou feitas con outros materiais en circulación, o que causaba insatisfacción entre os usuarios. A falsificación levou os ingleses —que empregaban o wampum como moeda de xeito máis superficial— a crear a primeira moeda metálica de América do Norte en 1652 en Massachusetts. Como resultado, o wampum en circulación, tanto o de boa como o de mala calidade, quedou moi desvalorizado e inundou a economía neerlandesa, que se desestabilizou polo aumento do custo das mercadorías.

Na ausencia doutra moeda oficial, o 'dumping' de doas de mala calidade disparou os prezos dos produtos neerlandeses, as propiedades e os salarios. O custo destes produtos subiu axiña case un 400 %. Os agricultores, traballadores e soldados neerlandeses empobrecéronse. Este debilitamento abriu camiño á expansión da colonización británica".

Nos anos seguintes, como os comerciantes ingleses xa non estaban ligados ao wampum, puidéronlles ofrecer máis aos nativos americanos a cambio das súas peles, o que danou aínda máis a economía neerlandesa, que colapsou en 1664.Ceci, L. (1980). Páxinas 846-847. En Massachusetts, o wampum deixou de usarse oficialmente como moeda en 1661 e, ao ano seguinte, Rhode Island tamén puxo fin ao seu uso como moeda, aínda que na práctica o wampum continuou empregándose para certas transaccións durante uns anos máis.Rosendale, S. W. (1895). Páxina 18.

En Nova Francia En Nova Francia, ao careceren de acceso doado ás moedas en uso en Francia naquel momento, as autoridades recorreron a varios materiais, obxectos ou bens intercambiables para lles outorgar valor como moeda de curso legal. Por exemplo, empregábanse peles de alce e de gato montés, trigo, millo e fabas, e máis tarde, en 1685, a coñecida como "moeda de cartas" asinadas polo intendente da metrópole. Estes bens podíanse usar como moeda porque unha autoridade gobernamental así o decretara e instituíra, especificando os termos do seu uso. Aínda que os habitantes e os comerciantes xeralmente confiaban na sinatura do intendente, as leis e os regulamentos podían seguir obrigándoos a aceptar as mercadorías ofrecidas.McCullough, A. B. (1987). Páxina 21.

Así e todo, está claro que os franceses nunca adoptaron o wampum como medio de pagamento, ao contrario dos neerlandeses e dos ingleses, que o fixeron durante o mesmo período.Vachon, A. (1970). Páxina 276.Herman, M. W. (1956). Páxina 28.Shortt, A. (1925). A razón é sinxela: o seu acceso a esta fonte era demasiado limitado. O wampum era escaso na Nova Francia e o que había dispoñible tiña que se usar para manter a enorme rede de relacións diplomáticas cos aliados nativos americanos, unha rede que, desde o punto de vista francés, xustificaba as súas reclamacións coloniais sobre o territorio. Os franceses gardaban milleiros de doas e ducias de colares nos almacéns reais, porque sabían que eran esenciais para manteren as boas relacións cos seus aliados nativos americanos.