Manuel Fernández Posse, nado en Ferrol en 1915, foi un militar galego que foi capitán xeneral de Galicia entre 1978 e 1981.
Traxectoria Fernández Posse alistárase no bando nacional da guerra civil española, onde ocupou o posto de alférez de infantaría. Logo do conflito seguiu ascendendo no exército: capitán en 1941, tenente coronel en 1957 e xeneral en 1971. Como xeneral de brigada estivo ao mando da BRIDOT da VII rexión militar (Castela setentrional, en Valladolid, a partir de 1974) e da VIII rexión militar (Galicia).
Como xeneral de división foi gobernador militar de Asturias ao inicio da transición, e en 1978 foi nomeado capitán xeneral de Galicia para substituír a Fernando Suances Viñas.
Durante o golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, Fernández Posse seguía a ser o capitán xeneral de Galicia. Mantívose leal ao rei Xoán Carlos I e á orde constitucional, se ben ao seu lado, e por baixo, o xeneral Torres Rojas, gobernador militar da Coruña, voaba a Madrid para pórse do lado dos golpistas.
Fernández Posse foi o encargado de facer a ofrenda ao Apóstolo en todos eses anos, desde 1978 a 1981. Fixo un discurso moi intenso onde estableceu vínculos entre o terrorismo e o ecoloxismo, e pasou á reserva antes de rematar o ano.
Vida persoal Casou e tivo un fillo, tamén militar, e mais tres fillas: unha delas a arqueóloga Pachula Fernández-Posse.
Notas
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Capitáns Xenerais de Galicia Categoría:Finados en ano descoñecido