Ayoze é un nome propio masculino de orixe guanche, tradicional das Illas Canarias. Está especialmente estendido nas Canarias e, nas últimas décadas, tamén noutras partes do Estado español.

En xaneiro de 2025 existían 1.196 varóns en España co nome Ayoze, cunha media de idade de 32,6 anos.Nome Ayoze na Web do Instituto Nacional de Estatística

Orixe e significado O nome Ayoze procede da lingua dos guanches, pobo aborixe das Canarias antes da conquista castelá no século XV. Aínda que o seu significado exacto non está documentado con certeza debido á escaseza de fontes escritas da lingua guanche, popularmente interprétase como "bo líder” ou “bo gobernante”.

Ayoze é un exemplo da recuperación e revalorización da onomástica guanche que tivo lugar a partir do século XX, cando moitas familias canarias comezaron a escoller nomes de orixe prehispánica como sinal de identidade cultural.

Persoas coñecidas Ayoze Díaz (1982-), futbolista canario.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Guanches Illas Canarias

Categoría:Nomes masculinos guanches