Ignacio "Nacho" Castillo Ameyugo, nado en Miranda de Ebro o 3 de xullo de 2000, é un futbolista castelán-leonés que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Ourense Club de Fútbol da Primeira Federación.

Traxectoria Castillo formouse nas categorías inferiores do Deportivo Alavés. O seu debut sénior co Deportivo Alavés B tivo lugar o 3 de marzo de 2019, cando foi titular nun partido da Terceira División contra o Club Portugalete. En xullo de 2019 foi asignado ao Club San Ignacio, equipo asociado á estrutura do Alavés. Regresou ao Alavés B en 2021 para xogar na acabada de crear Terceira División RFEF.

O 7 de xullo de 2022 fichou polo Club Deportivo Mirandés e foi asignado inicialmente ao equipo filial. Castillo alcanzou o seu debut profesional na Segunda División o 13 de agosto de 2022, cando foi substituto de Nico Serrano nun partido do Mirandés contra o Sporting de Gijón.

O 30 de xuño de 2023 pasou a formar parte do Club Deportivo Teruel, que viña de ascender á Primeira Federación. O 10 de xullo de 2024 anunciouse a fichaxe de Castillo pola Sociedad Deportiva Ponferradina. O 30 de xullo de 2025 asinou un novo contrato co Ourense Club de Fútbol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nacho Castillo en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Miranda de Ebro Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do CD Teruel Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Ourense CF