dereita|miniatura|Animación que mostra a traxectoria seguida pola eclipse. A eclipse solar do 17 de febreiro de 2026 foi a primeira eclipse de 2026. Foi unha eclipse anular visíbel principalmente na Antártida. Foi o número 61 na serie de eclipses solares Saros 121, que consta de 71 eclipses en total. As eclipses solares do Saros 121 danse todas no nodo ascendente da Lúa, desprazándose esta cara ao sur con cada eclipse. Durante esta eclipse o Sol atópase na constelación de Acuario. Tivo unha magnitude de eclipse de 0,963.

Unha eclipse solar é un fenómeno que se produce cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol, proxectando así a súa sombra sobre a superficie terrestre. Debido a que a órbita da Lúa é unha órbita elíptica na que a Terra non está no centro, a distancia entre a Terra e a Lúa varía entre 363,300 km (perixeo) e 405,500 km (apoxeo). Cando unha eclipse solar ocorre próxima ao apoxeo da Lúa, o diámetro aparente do Sol é maior que o da Lúa, polo que esta última non chega a ocultar por completo a estrela. O resultado é unha eclipse solar anular.

Visibilidade miniatura|Imaxes satelitais GeoColor da eclipse próxima ao ciclón Gezani ás 13:10 UTC. Esta eclipse anular só foi visible no continente antártico, aínda que se puido observar unha leve eclipse parcial na alba no extremo sur de Suramérica e pola tarde en Botswana, Lesotho, Madagascar, Mozambique, Tanzania e Zimbabwe. dereita|miniatura|Mapa que mostra a traxectoria da eclipse con horarios en tempo Universal #Coordinado.

Eclipses relacionadas

Eclipses en 2026

Eclipse lunar total do 3 de marzo. Eclipse solar total do 12 de agosto. Eclipse lunar parcial do 28 de agosto.

Notas

Categoría:Eclipses solares Categoría:Astronomía