Juan Ramón Gómez-Pimpollo López, coñecido simplemente como Juanra, nado en La Solana o 18 de xaneiro de 1995, é un futbolista castelán-manchego que xoga na posición de defensa central. O seu equipo actual é o Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.

Traxectoria Tras completar a súa formación deportiva no Albacete Balompié, Juanra realizou o seu debut sénior co Atlético Albacete. A súa estrea co primeiro equipo tivo lugar o 11 de setembro de 2013, cando foi titular nun partido da Copa do Rei 2013/14 contra o Gimnàstic de Tarragona. O 29 de setembro dese ano debutou na Segunda División B nunha vitoria do Albacete por 2-1 perante o Cacereño.

Durante a tempada 2013/14 participou nun total de oito partidos e contribuíu ao regreso do Albacete á Segunda División despois de tres anos. O 1 de novembro de 2014 xogou o seu primeiro partido profesional contra a Unión Deportiva Las Palmas. O 18 de agosto de 2015 foi cedido ao Atlético Astorga por unha tempada.

O 18 de agosto de 2016 anunciouse a súa de Juanra do Albacete. Dous días despois Juanra asinou un novo contrato co Atlético de Madrid B. O 25 de xullo de 2017 fichou polo Real Murcia. En xullo de 2018 pasou a formar parte do Club de Fútbol Talavera de la Reina. No verán de 2020, tras dous anos no equipo castelán-manchego, Juanra foi anunciado como novo xogador da Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes.

O 19 de xullo de 2023 asinou contrato co Atlético Baleares. En xullo de 2025 foi fichado polo Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Juanra en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados na provincia de Cidade Real Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Xogadores do Albacete Balompié B Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Atlético Astorga FC Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do CF Talavera de la Reina Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Pontevedra CF