Pedro Floriani, nado en Turín cara a 1834O certificado de defunción de Pedro Floriani atopado no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra sinala que faleceu en 1911 á idade de 77 anos. e finado en Pontevedra en 1911, foi un persoeiro de relevancia en Redondela por estar relacionado coa construción do viaduto de Madrid, un dos dous viadutos principais que atravesan o centro urbano de Redondela. Aínda que parte da tradición oral lle atribuíu a autoría desta obra civil, o arquitecto encargado da construción da ponte foi Augusto Cazaux e o enxeñeiro Javier Boguerín.Antuña Souto CA, Antuña Castro J. Os viadutos de Redondela: arquitectura, arte e estética. Seminario de Estudos Redondeláns. ISSN 1698-8051, Nº4, 2007, páxs. 103-132 Floriani probablemente foi un dos contratistas ou subcontratistas da obra. Por mor de probábeis impagamentos da contrución, Floriani precipitouse desde o viaduto e, malia sobrevivir, terminou falecendo ulteriormente por por das secuelas do incidente. Pedro Floriani ten na súa honra un lugar na onomástica redondelá. O instituto de educación secundaria IES Pedro Floriani leva o seu nome, e a rúa onde se localiza ese edificio tamén exerce esta denominación.

Traxectoria miniatura|Viaduto de Madrid. Pedro Floriani naceu en Turín, Italia. Emigrado ao norte de Portugal, casou en Coímbra con Joaquina Anacleto. Segundo testemuñas familiares, Floriani aveciñouse en Redondela en 1868 para participar na construción do viaduto, e mesmo deseñaría os planos e estruturas. Porén, non existe base documental que respalde tal afirmación oral.

A principios do século XX, por mor dos supostos impagamentos da Compañía de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (MZOV) , Floriani precipitouse desde o viaduto, de trinta e dous metros de altura, nun intento de autolise infrutuoso. Así e todo, as lesións secundarias á caída provocáronlle numerosas lesións que terminaron coa súa vida en 1911.

Mitos e certezas sobre a súa figura miniatura|Fachada do instituto IES Pedro Floriani en Redondela. Tradicionalmente estendeuse a teoría de que Pedro Floriani fora un arquitecto ou enxeñeiro italiano aveciñado en Galicia e encargado de conceptualizar o viaduto de Madrid ou o viaduto de Ourense. Porén, non existen evidencias que respalden que Floriani fose o encargado da obra. O documento oficial que recolle a autoría civil remite ao enxeñeiro madrileño Javier Boguerín, quen ademais estivo afiliado ao Partido Conservador e foi deputado por Redondela nas Cortes.Javier Boguerín (1860). Memoria del trazado obras de arte: viaductos y túneles. Con todo, a relación de Floriani coa construción do viaduto é máis que probable, ben coma contratista, subcontratista ou incluso enxeñeiro na sombra, xa que daquela os profesionais estranxeiros tiñan prohibido asinar obras.

Un dos mitos fortemente estendidos foi aquel que afirmaba que Floriani se suicidou desde o viaduto ao non poder ser este utilizado por deficiencias na súa construción, o que levaría a Floriani á bancarrota. Porén, o viaduto estivo en funcionamento desde 1876 até 1971, ano no que se comezou a usar a variante sur cara Porriño e Ourense.

Outra das lendas recollidas na tradición oral foi que Floriani fora discípulo do Alexandre Gustave Eiffel. A única relación existente entre o viaduto redondelá foi a empresa encargada de construír os tramos metálicos, a compañía Parent Schaken Hovel & Caillet (posteriormente renomeada como Compagnie des Fives Lilles). Esta empresa foi tamén a encargada de deseñar e construír os ascensores da Torre Eiffel.

Notas

Categoría:Nados en 1834 Categoría:Nados en Turín Categoría:Finados en 1911