María Emilia Islas Gatti, nada en Montevideo o 18 de abril de 1953 e desaparecida o 27 de setembro de 1976, foi unha militante política anarquista uruguaia, desaparecida pola ditadura militar arxentina en Buenos Aires en 1976 e nai da mestra Mariana Zaffaroni.
Traxectoria Naceu o 18 de abril de 1953, no sanatorio Clínico Harvard, na cidade de Montevideo, capital de Uruguai. Única filla da docente María Ester Gatti e Ramón Islas, María Emilia recibiu o nome das súas avoas seguindo a tradición familiar. Viviu os seus primeiros anos no barrio Cordón.
En 1965 María Emilia entrou ao liceo Zorrilla onde comezou a súa militancia política; logo, en 1970 comezou os estudos de Maxisterio. A súa militancia comezou no liceo Nº 4, Zorrilla de San Martín; logo ingresou na Federación Anarquista del Uruguay (FAU), na Organización Popular Revolucionaria 33 Orientales (OPR 33); na Asociación de Estudiantes de Magisterio (AEM) (en Uruguai) e por último, xa na Arxentina, no Partido por la Victoria del Pueblo (PVP).
O 28 de novembro de 1973, casou con Jorge Zaffaroni, compañeiro de militancia. En 1974, a situación política era insostible para ambos debido á ditadura militar no seu país, así que decidiron partir a Buenos Aires, Arxentina. Primeiro fíxoo María Emilia na segunda semana de decembro, con seis meses de embarazo. O 11 de xaneiro de 1975 uníuselle Jorge. O 22 de marzo de 1975 ás 8:45 da mañá naceu a súa filla Mariana. miniatura|Automotores Orletti
Foi detida xunto ao seu compañeiro e a súa filla de 18 meses o 27 de setembro de 1976 no seu domicilio en Parque Chacabuco, Buenos Aires. Catro homes armados estaban a esperala; xa apresaran o seu esposo Jorge Zaffaroni dentro do apartamento. O tres foron levados ao centro clandestino de detención e tortura chamado Automotores Orletti. Foi probablemente “trasladada” e executada, con destino final descoñecido, entre o 5 e o 6 de outubro de 1976.
María Emilia Islas Gatti e Jorge Zaffaroni figuran na nómina de uruguaios desaparecidos na Arxentina durante a ditadura militar. En 1993, logo de 16 anos de procura por parte da súa avoa materna; Mariana Zaffaroni recuperou a súa identidade. Notas
Véxase tamén Outros artigos Operación Cóndor
Categoría:Anarquistas do Uruguai Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados en 1953 Categoría:Desaparición forzada de persoas