Wilbert Lenin Tamayo Pinares, nado en Lima en 2000, é un cantautor peruano, considerado o creador do Q‑Pop (ou tamén chamado Quechua Pop), un xénero que fusiona o K-pop con música andina e letras na lingua quechua.
Traxectoria Nado en Lima, fillo da cantante andina Yolanda Pinares, Tamayo creceu ouvindo música folclórica quechua. Durante a súa adolescencia descubriu o K-Pop, xénero no que se refuxiou tras ser vítima de acoso escolar.
En 2022 volveuse viral en TikTok cun vídeo que alcanzou máis de 4,4 millóns de "gústame", onde interpretou unha canción en quechua con coreografía K-Pop. Así naceu o termo «Q-Pop».
Carreira musical O seu primeiro álbum, Amaru (2023), publicado en formato dixital, aborda temáticas como a identidade indíxena e a protesta social no Perú. A produción foi ambientada con sons de zampoña, charango, pututos, chajchas e choiva. As gravacións dos videoclips foron realizadas en Cuzco.
En 2024 no seu primeiro tour asiático, esgotou entradas en Corea do Sur, a India, Tailandia e Vietnam. Presentou dous concertos na Ópera de Hanoi con máis de 500 asistentes. En 2025 Lenin anunciou a sinatura do seu contrato con Hybe Corporation, selo discográfico de BTS.
Premios e recoñecementos En 2024 foi incluído pola revista Time na súa prestixiosa lista dos Next Generation Leaders, que salienta novos líderes que están a transformar o mundo dende distintos eidos. Ese mesmo ano, foi recoñecido pola revista Rolling Stone como artista visionario do Q-Pop, en mérito á súa innovadora proposta musical que mestura a lingua quechua co estilo do pop surcoreano.
Foi recoñecido como un dos 30 mozos máis inflúes de Latinoamérica na lista 30 Under 30 da Revista Forbes a nivel rexional. Para esta lista tívose en conta a postulación de 150 mozas de países como México, Chile, Colombia, Guatemala, O Salvador, Panamá, Honduras, Nicaragua e a República Dominicana que participan en campos como os negocios, a cultura e a innovación.
Notas
Categoría:Nados en Lima Categoría:Nados en 1997 Categoría:Cantantes do Perú Categoría:Alumnos da Universidade Nacional Maior de San Marcos Categoría:Cantantes en lingua quechua