Diego Sánchez Rojo, nado na Coruña o 26 de setembro de 1992, é un árbitro asistente de fútbol galego. É internacional dende 2023.
Traxectoria Comezou a arbitrar partidos de fútbol aos 14 anos na súa Coruña natal, pasando a actuar como árbitro asistente tras ascender a Preferente. Despois dun só ano na Segunda División B e catro na Segunda División, en 2020 conseguiu o ascenso á Primeira División.
En 2023 participou no seu primeiro partido internacional e dende entón arbitra encontros de seleccións e de competicións europeas de clubs. En 2026 foi seleccionado pola FIFA como un dos asistentes no vindeiro Mundial de Fútbol, sendo o primeiro árbitro galego nunha Copa do Mundo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en livefutbol.com .
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia