miniatura|upright=1.8|Ilustración dos tres pasos de hidrólise da lipólise. No primeiro paso, o triacilglicerol hidrolízase para producir diacilglicerol e este paso é catalizado pola triglicérido lipase adiposa (ATGL). No segundo paso, o diacilglicerol é hidrolizado para orixinar monoacilglicerol e isto é catalizado pola lipase sensible a hormona (HSL). No último paso, o monoacilglicerol é hidrolizado para render glicerol e isto é catalizado pola monoacilglicerol lipase (MGL). En cada un dos tres pasos libérase un ácido graxo. miniatura|upright=1.8|Exemplo dun triacilglicerol (triglicérido). A lipólise é a vía metabólica por medio da cal os lípidos triglicéridos son hidrolizados a glicerol e ácidos graxos libres. Utilízase para mobiizar a enerxía almacenada durante o xaxún ou o exercicio físico, e xeralmente ocorre nos adipocitos do tecido adiposo. A lipólise é o proceso metabólico polo cal os triglicéridos (TAGs ou triacilglicerois) son degradados por hidrólise dando as súas moléculas constituíntes: glicerol e ácidos graxos libres. O almacenamento de graxas no corpo consiste na acumulación de triglicéridos no tecido adiposo e utilízase para producir cando é necesario calor, enerxía e illamento.
Mecanismos miniatura|upright=1.8|Exemplo dun diacilglicerol (diglicéido). miniatura|upright=1.8|Exemplo dun monoacilglicerol (monoglicérido). No corpo, os almacéns de graxa están no tecido adiposo. Nesas áreas os triglicéridos intracelulares son almacenados en pingas lipídicas citoplásmicas dos adipocitos. Cando os encimas lipases son fosforilados, poden acceder ás pingas lipídicas e a través de múltiples pasos de hidrólise, degadan os triglicéridos a ácidos graxos e glicerol. Cada paso da hidrólise produce a retirada dun ácido graxo. O primeiro paso e o paso limitante da velocidade da lipólise lévao a cabo a triglicérido lipase adiposa (ATGL). Este encima cataliza a hidrólise de triacilglicerol (triglicérido) a diacilglicerol (diglicérido) e un ácido graxo. Seguidamente, a lipasa sensible a hormona (HSL) cataliza a hidrólise de diacilglicerol a monoacilglicerol (monoglicérido) e un ácido graxo, finalmente, a monoacilglicerol lipase (MGL) cataliza a hidrólise de monoacilglicerol a glicerol e un ácido graxo.
As perilipinas son proteínas que actuan como un escudo físico ou armazón dinámico, impedindo que os encimas lipolíticos do citosol accedan aos triglicéridos almacenados durante períodos de abundancia de enerxía.
A perilipina 1A é unha proteína reguladora clave da lipólise no tecido adiposo. Esta proteína asociada á pinga lipídica do adipocito, cando está desactivada, impide a interacción das lipasas cos triglicéridos da pinga lipídica e capta o coactivador da ATGL chamado CGI-58 (identificación de xene comparativa 58, tamén coñecido como ABHD5). Cando a perilipina 1A é fosforilada pola PKA, libera o CGI-58 e acelera o atraque de lipases fosforiladas na pinga lipídica. CGI-58 pode ser ulteriormente fosforilado pola PKA para axudar á súa dispersión polo citoplasma. No citoplasma, CGI-58 pode coactivar a ATGL. A actividade da ATGL tamén se ve afectada polo regulador negativo da lipólise G0S2 (xene do interruptor de G0/G1 2). Cando se expresa, G0S2 actúa como un inhibidor competitivo na unión de CGI-58. A proteína específica das graxas 27 (FSP-27, tamén chamada CIDEC) é tamén un regulador negativo da lipólise. A expresión de FSP-27 está correlacionada negativamente cos niveis de ARNm de ATGL.
Regulación miniatura|upright=1.8|Ilustración da activación da lipólise nun adipocito. A adrenalina cando está a nivel alto no sangue combinado con niveis baixos de insulina únese a receptores beta adrenérxicos na membrana plasmática do adipocito, o que causa a xeración dentro da célula de AMP cíclico. O AMPc activa as proteína quinases, que fosforilan e así activan as lipases sensibles a hormona no adipocito. Estas lipases clivan os ácidos graxos no seu enlace co glicerol na pinga lipídica do adipocito. Os ácidos graxos libres e o glicerol son despois liberadas ao sangue. A actividade da lipase sensible a hormona é regulada polas hormonas circulantes insulina, glicagón, adrenalina, noradrenalina, hormona do crecemento, péptido natriurético auricular, péptido natriurético cerebral e cortisol.
A lipólise pode regularse pola unión do AMP cíclico á proteína quinase A (PKA) e a súa conseguinte activación. A PKA pode fosforilar lipases, a perilipina 1A e o CGI-58 para así incrementar a velocidade da lipólise. As catecolaminas únense a receptores 7TM (receptores acoplados á proteína G) situados na membrana do adipocito, que activan a adenilato ciclase. Isto ten como resultado un aumento da produción de AMPc, que activa a PKA e orixina un incremento da taxa de lipólise. A pesar da actividade lipolítica do glicagón (que tamén estimula a PKA) in vitro, o papel do glicagón na lipólise in vivo é discutida.
A insulina contrarregula este incremento da lipólise cando se une a receptores da insulina na membrana do adipocito. Os receptores de insulina activan os susbratos dos receptores similares á insulina. Estes substratos activan a fosfoinosítido 3-quinases (PI-3K) que despois fosforilan a proteína quinase B (PKB) (tamén chamada Akt). A PKB despois fosforila a fosfodiesterase 3B (PD3B), que despois converte o AMPc producido pola adenilato ciclase en 5'AMP. A resultante redución inducida pola insulina dos niveis de AMPc diminúe a velocidade da lipólise.
A insulina tamén actúa no cerebro no hipotálamo mediobasal. Alí, suprime a lipólise e diminúe a actividade do sistema nervioso simpático. A regulación deste proceso implica interaccións entre receptores de insulina e gangliósidos presentes na membrana plasmática neuronal.
A taxa de lipólise varía entre distintos depósitos graxos do tecido adiposo debido a diferenzas na expresión do receptor adrenérxico. Os receptores beta-adrenérxicos (\u03B2\u2081, \u03B2\u2082, \u03B2\u2083) estimulan a lipólise por medio da activación acoplada á proteína G\u209B da adenilato ciclase e a conseguinte produción de AMPc, mentres que os receptores adrenérxicos alfa-2 (\u03B1\u2082\u2090) inhiben a lipólise por medio da supresión da adenilato ciclase mediada pola proteína G\u1D62. O tecido adiposo subcutáneo abdominal mostra unha maior razón \u03B1\u2082:\u03B2 comparado co tecido adiposo visceral, que expresa predominantemente o receptor \u03B2\u2083 e é máis sensible lipoliticamente á estimulación por catecolaminas.
No sangue
Os triglicéridos transpórtanse polo sangue aos tecidos apropiados (adiposo, músculo etc.) por lipoproteínas como as liporptoeínas de moi baixa densidade (VLDL). Os triglicéridos presentes nas VLDL sofren a lipólise pola acción das lipases celulares dos tecidos diana, as cales renden glicerol e ácidos graxos libres. Os ácidos graxos libres liberados ao sangue quedan entón dispoñibles para a captación polas células. Os ácidos graxos libres que non son captados polas células inmediatamente poden unirse á albumina para seren transportados aos tecidos de arredor que requiran enerxía. A albumina sérica é o principal transportador de ácidos graxos libres no sangue.Tom Brody, Nutritional Biochemistry, (Academic Press, 2ª edición 1999), 215-216.
O glicerol tamén entra na corrente sanguínea e absórbese no fígado ou riles, onde o encima gliceroquinase o converte en glicerol 3-fosfato. O glicerol 3-fosfato hepático é convertido principalmente en dihidroxiacetona fosfato (DHAP) e despois en gliceraldehido 3-fosfato (GA3P) que se reintegran ás vías da glicólise e gliconeoxénese.
Lipoxénese
Mentes que a lipólise é a hidrólise de triglicéridos (proceso no que se degradan), a esterificación é o proceso polo cal os triglicéridos se forman. A esterificación de ácidos graxos no glicerol (lipoxénese) e a lipólise son, esencialmente, procesos inversos.
Procedementos médicos A lipólise física implica a destrución das células adiposas que conteñen as pingas de graxa e pode usarse como parte dos procedementos de mellora da silueta cosméticos. Actualmente, ademais da liposucción minimamente invasiva estándar, hai varias formas non invasivas principais de conformar o contorno do corpo en medicina estética para reducir o tecido adiposo subcutáneo localizado: terapia láser de baixo nivel, criolipólise, radio frequencia e ultrasóns enfocados de alta intensidade. Porén, estes procedementosw son menos efectivos, con beneficios de menor duración e poden eliminar cantidades significativamente menores de graxa comparados coa liposucción cirúrxica tradicional (lipectomía). Porén, futuros desenvolvemento de fármacos poderían ser combinados con procedementos menores para aumentar os resultados.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Reaccións bioquímicas Categoría:Ácidos graxos Categoría:Hepatoloxía Categoría:Metabolismo de lípidos