Mikhail Stanislavovich Shaidorov (), nado en Almati o 25 de xuño de 2004, alcumado Misha, é un patinador artístico sobre xeo kazako.

Traxectoria

É o campión de patinaxe artística nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2026, medallista de prata nos Mundiais de 2025, campión dos Catro Continentes de 2025, medallista de bronce nos Xogos de Inverno Asiáticos de 2025, catro veces medallista do ISU Grand Prix, tres veces medallista Challenger Series, e cinco veces campión campión nacional de Kazakhstán (2019–23). No nivel júnior, é o medallista de prata no Mundial Júnior de 2022.

Shaidorov é o primeiro patinador de Kazakhstán en gañar unha medalla nun Campionato do Mundo Júnior, tamén é o primeiro patinador de Kazakhstán en cualificar para a Final do Grand Prix no nivel sénior. Adicionalmente, Shaidorov é o primeiro patinador na historia en realizar a combinación de salto triplo Axel-cuádruplo toe loop e a combinación de salto triplo Axel-Euler-cuádruplo Salchow nunha competición ISU.

Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2026 Shaidorov fixo historia como o primeiro patinador artístico de Kazakhstán en gañar unha medalla de ouro olímpica e converteuse no segundo atleta kazako en gañar o ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno despois de Vladimir Smirnov.

Resultados GP: Grand Prix; CS: Challenger Series; JGP: Junior Grand Prix

Internacional Evento 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21 2021–22 2022–23 2023–24 2024–25 2025–26 2026-27 Xogos Olímpicos de Inverno 1º Campionato do Mundo 32º 14º 14º 2º Catro Continentes 5º 5º 6º 1º 5º Final 5º 6º Copa da China 3º 2º 3º Francia 4º Skate Canada 5º Skate America 2º Denis Ten Memorial 9º 1º 1º Finlandia Trophy 8º Golden Spin of Zagreb 4º 2º Nepela Memorial 3º Xogos de Inverno Asiáticos 3º Challenge Cup 1º Sofia Trophy 3º Mundial dos Xogos de Inverno Universitarios 4º 4º Nacional Evento 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21 2021–22 2022–23 2023–24 2024–25 2025–26 2026-27 Campionato de Kazakhstán 1º 1º 1º 1º 1º Internacional: Júnior Evento 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21 2021–22 2022–23 2023–24 2024–25 2025–26 2026-27 Mundial Júnior 22º 2º Polonia 2º Bosphorus Cup 2º Egna Spring Trophy 4º Santa Claus Cup 9º J. = Nivel Junior, TBD = Asignado, WD = RetiradoT = Resultado de equipo, P = Resultado Persoal; As medallas son concedidas solo polo resultado do equipo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Mikhail Shaidorov no International Skating Union Mikhail Shaidorov en SkatingScores

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística Categoría:Nados en Kazakhstán Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Kazakhstán