María Ruiz Trapero, nada en Madrid o 26 de marzo de 1931 e finada na mesma cidade o 23 de febreiro de 2015, foi unha historiadora e numismática española, catedrática da Universidade Complutense de Madrid.

Traxectoria Nada en Madrid o 26 de marzo de 1931, Ruiz Trapero vinculouse profesionalmente á Universidade Central de Madrid —logo reconvertida en Universidade Complutense—, á que se incorporou cando tiña 23 anos, como profesora axudante de prácticas de Epigrafía e Numismática, da man do profesor Joaquín María de Navascués.De Santiago Fernández, J.; De Francisco Olmos, J. M. (2015). Páxina 7.

Desde entón e ata o curso 1964-1965 compatibilizou a docendia desa materia coa de Historia Universal e da Idade Media, e ese último ano acadou o seu doutoramento, cunha tese titulada "As cuñaxes hispano-romanas de Calagurris"."Las acuñaciones hispano-romanas de Calagurris: su ordenación cronológica y su trascendencia histórica". Portal de Producción Científica. Universidad Complutense de Madrid (UCM.es).

O curso seguinte foi nomeada profesora adxunta provisional de Historia Universal e da Idade media, en paralelo á docendia das prácticas de Epigrafía e Numismática. O 20 de maio de 1967 acadou a praza como profesora titular e o 24 de xuño de 1975 a cátedra desa mesma materia, como sucesora do seu mentor, Navascués. Ruiz Trapero mantívo esta cátedra ata a súa xubilación o 30 de setembro de 2001 aínda que seguiu exercendo a docencia como profesora emérita.De Santiago Fernández, J.; De Francisco Olmos, J. M. (2015). Páxina 8.

Entre 1978 e 1981, foi ademais a decana da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade Complutense de Madrid.De Santiago Fernández, J.; De Francisco Olmos, J. M. (2015). Páxina 9.

Paralelamente á súa traxectoria nesta universidade, Ruiz Trapero colaborou tamén con outras institucións. Entre outras, foi membro do padroado da Fundación Real Casa da Moeda, da Fundación Universitaria Española e do Museo Camón Aznar; representante de España na Mesa do Parlamento Europeo para a selección de dos deseños nacionais das moedas do euro, directora do Instituto Antonio Agustín de Numismática do CSIC e presidenta de honra da Asociación Numismática Española.Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). ANE 50 aniversario 1955 - 2005. Asociación Numismática Española. Igualmente, é de salientar o seu papel como académica de número da Real Academia de Doutores de España a partir do 31 de maio de 2006.De Santiago Fernández, J.; De Francisco Olmos, J. M. (2015). Páxinas 10-11.

María Ruiz Trapero finou en Madrid o 23 de febreiro de 2015, aos 83 anos.

Recoñecementos 1994: Medalla de Servizos Prestados, Universidade Complutense de Madrid.De Santiago Fernández, J.; De Francisco Olmos, J. M. (2015). Páxina 10. 2003: Premio Javier Conde Garriga, da Asociación Numismática Española (ANE), de Barcelona."Ganadores del premio Javier Conde Garriga". Asociación Numismática Española (Numisane.org). Notas

Véxase tamén

Bibliografía De Santiago Fernández, J.; De Francisco Olmos, J. M. (2015). "María Ruiz Trapero: carissima magistra. In Memoriam". En Documenta & Instrumenta. 13. Páxinas 7-16. De Santiago Fernández, J.; De Francisco Olmos, J. M. (2017). Homenaje a María Ruiz Trapero. Real Casa de la Moneda - FNMT, Madrid. ISBN 978-84-89157-77-4

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Historiadores de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Catedráticos da Universidade Central de Madrid Categoría:Galardoados co premio Javier Conde Garriga Categoría:Personalidades sen imaxes