Templo e cemiterio de Confucio e Mansión da familia Kong en Qufu, na provincia de Shandong da China, inclúe o Templo de Confucio, o Cemiterio de Confucio e a Mansión da familia Kong.
Desde 1994, o Templo de Confucio (chinés 孔|庙} pinyin Kǒng Miào) forma parte do Patrimonio da Humanidade "Templo e cemiterio de Confucio e mansión da familia Kong en Qufu". As outras dúas partes do sitio son a próxima Mansión da Familia Kong (chinés 孔|府 pinyin Kǒng Fǔ), onde vivían os descendentes principais de Confucio, e o Cemiterio de Confucio (chinés 孔|林 pinyin Kǒng Lín) un par de quilómetros ao norte, onde Confucio e moitos dos seus descendentes foron enterrados. Estes tres sitios coñécense conxuntamente en Qufu como "San Kong" (三孔), é dicir, "Os Tres [sitios] confucianos".
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade na China
Ligazóns externas Temple and Cemetery of Confucius and the Kong Family Mansion in Qufu
Categoría:Patrimonio da Humanidade na China