Francisco Javier "Javi" Hernández Coarasa, nado en Barcelona o 30 de xaneiro de 2004, é un futbolista español que xoga de centrocampista ofensivo no CD Mirandés, cedido polo Espanyol.

Traxectoria Formado como futbolista nas canteiras do Damm e do Espanyol, debutou co Espanyol B na Segunda Federación o 11 de setembro de 2022, substituíndo a Juan Camilo Becerra ante o Deportivo Aragón. Foi o máximo goleador do filial durante a campaña 2023/24 con 12 goles.

O 13 de agosto de 2024 ampliou a súa vinculación cos Pericos ata 2028 e foi cedido inmediatamente á SD Huesca da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 28 de setembro, substituíndo a Iker Kortajarena contra o Mirandés.

De volta no Espanyol en xullo, debutou co primeiro equipo o 30 de outubro, saíndo como titular nunha vitoria por 2-1 contra o CE Atlètic Lleida, na Copa do Rei.

En xaneiro de 2026 foi cedido ao Mirandés ata final de tempada.

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B