O complexo Ski é un complexo multiproteico que intervén na degradación polo extremo 3' do ARN mensaxeiro en lévedos.
Estrutura
O complexo consta de tres proteínas pincipais, que son: a ARN helicase Ski2 e as proteínas Ski3 e Ski8 (dúas unidades). Este tetrámero contén un núcleo do complexo de 370 kDa que contén os brazos N-terminais e C-terminais de Ski3. O núcleo de helicase de Ski2 está situado entre o C-terminal de Ski3 e dúas subunidades de Ski8.
Mecanismo
As actividades de helicase inícianse no brazo N-terminal e no dominio de inserción de Ski2. En lévedos, o complexo guía moléculas de ARN ao complexo exosoma para a súa degradación por medio de catro proteínas chamadas Ski7, que conteñen un dominio similar á GTPase. Ski7 realiza a degradación de 3’ a 5’ do ARN por dúas vías diferentes: (1) o acurtamento da cola 3’ poli(A) e a unión do tetrámero Ski2, Ski3 e Ski8 e (2) o exosoma.
A degradación do tramo 3' colgante do ARNm ocorre pola asociación co ribosoma de 80S. O extremo 3' do ARNm é enfiado a través do ribosoma ata Ski2, preparándoo para o proceso de degradación.
Os estudos boquímicos tamén mostran que o complexo Ski poden enfiar o ARN a través do complexo exosoma, acoplando así a función de helicase da proteína Ski2 coa actividade de exorribonuclease, o que causa a degradación da febra de ARN.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Complexo TRAMP Complexo exosoma
Categoría:Complexos proteicos Categoría:Expresión xénica