Iolas (en grego Ἰόλλας, en latín Iollas), foi un escritor grego sobre temas médicos nado en Bitinia e probabelmente contemporáneo de Heráclides de Tarento ou un pouco anterior, no século -III, segundo se deduce de Dioscórides.

Tamén o mencionan Dióxenes Laercio, Apuleio Celso, Plinio o Vello, Galeno e Epifanio. As súas obras non se conservaron e non se sabe nada da súa vida.

Notas

categoría:finados no século -III Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Médicos Categoría:Escritores en lingua grega antiga