Rallus caerulescens é unha pequena especie de zurrasca de vida acuática da familia dos rálidos que se encontra no leste e sur de África.
Taxonomía miniatura|Acuarela de Georg Forster feita na segunda viaxe de James Cook ao océano Pacífico. Esta pintura é o holotipo da especie. A especie describiuna en 1789 o naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición revisada e ampliada do Systema Naturae de Carl Linné. Situouna xunto coas outras zurrascas no xénero Rallus e deulle o nome binomial Rallus caerulescens. Gmelin baseou a súa descrición no "blue necked rail" do Cabo de Boa Esperanza que describira en 1785 o ornitólogo inglés John Latham no seu libro A General Synopsis of Birds. O naturalista Joseph Banks proporcionara a Latham unha acuarela da ave que pintara Georg Forster quen acompañou a James Cook na súa segunda viaxe ao océano Pacífico. A pintura foi realizada en 1773 no Cabo de Boa Esperanza. Hoxe é o holotipo da especie e consérvase no Museo de Historia Natural de Londres. O epíteto de especie caerulescens vén do latín e significa "azulado". A especie é monotípica: non se recoñece ningunha subespecie.
Descrición Os adultos teñen uns 27–28 cm de longo, e teñen principalmente partes dorsais marróns e partes ventrais grises azuladas, con liñas negras e brancas nos flancos e baixo a cola. Os sexos teñen plumaxe similar pero as femias son máis pequenas. É a única especie de Rallus con dorso liso sen debuxos. O corpo está aplanado lateralmente para facilitarlle o paso entre os xuncos. Teñen dedas longas, cola curta e un longo e delgado bico vermello mate. As patas son vermellas. Os inmmaturos son similares aos adultos, pero os tons grises azulados son substituídos por beixes.
Son aves ruidosas, cunha chamada que é un asubío vibrante que soa triii-tii-tii-tii-tii.
Distribución e hábitat O seu hábitat reprodutor son as marismas e as xunqueiras do leste e sur de África desde Etiopía a Suráfrica. Moitos exemplares son residentes permanentes, pero algúns realizan movementos estacionais en resposta á dispoñibilidade de zonas húmidas.
Comportamento Reprodución
Aniña en lugares secos entre a vexetación das marismas, e ambos os sexos colaboran na construción dun niño cupuliforme. A posta típica é de 2–6 ovos cos crema con moitas manchas, que chocan ambos os sexos durante uns 20 das ata a eclosión. Os polos están cubertos de penuxe negra e son precoces, como é típico nos rálidos.
Alimentación Sondan o barro ou as augas pouco fondas co seu bico e capturan os alimentos pola vista. Comen principalmente insectos, cangrexos e outros pequenos animais acuáticos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas African rail – Texto sobre a especie no Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Rálidos Categoría:Animais descritos en 1789 Categoría:Taxons descritos por Johann Friedrich Gmelin