Cuauhpopoca (do náhuatl kwaw-popōca, Aguia fumarenta), finado en Tenochtitlán en 1519, foi un funcionario público, gobernante e nobre mexica. Foi tlatoani de Coyohuacán e viviu nunha gornición próxima a Tuxpan, onde era rexedor-cobrador de tributos da zona de Nautla, no norte do actual Estado de Veracruz. Nautla ou en lingua náhuatl Nauh-tlan (Catro lugares) era unha provincia totonaca que estaba baixo o dominio do Imperio Azteca. O lugar foi nomeado durante a expedición de Juan de Grijalva como "Nova Almería".

Traxectoria Antecedentes e batalla de Nautla dereita|miniatura|363x363px|Códice de Mendoza onde se mostra un fragmento dos tributos requiridos aos pobos sometidos por Moctezuma. dereita|miniatura|250x250px|Guerreiros aztecas, códice de Mendoza. O 22 de abril de 1519, Hernán Cortés estabeleceu unha gornición en Villa Rica de la Vera Cruz, e pouco despois comezou o seu avance cara a Tenochtitlán coa maior parte das súas forzas armadas, deixando o capitán Juan de Escalante como alguacil maior de Villa Rica, ao mando de sesenta soldados.

Cortés realizara alianzas cos totonacas de CempoalaThomas, p. 209–212 e outros pobos próximos quen tributaban ao rexedor mexica Cuauhpopoca. De acordo coa crónica de Bernal Díaz del Castillo e a de López de Gómara, Malinche, por orde de Cortés, falou cos totonacas convencéndoos de non pagar máis tributo, polo que axiña Cuauhpopoca ameazou con destruír as poboacións totonacas.

Os totonacas acudiron ao capitán Juan de Escalante para pedir axuda, quen recibira previas instrucións de Cortés para apoialos. Escalante ordenou prender aos recadadores mexicas, e desta forma comezaron as hositilidades. Dous mil totonacas e corenta soldados españois enfrontáronse nunha batalla contra os mexicas nas chairas de Nautla,Thomas, p. 305 entre os ríos Nautla e Misantla. Porén, os mexicas comezaron a dobregar aos totonacas quen preferiron abandonar os conquistadores españois. Escalante comezou a retirada até Nautla lugar que en represalia incendiaron, pero el e outros seis soldados foron gravemente feridos, puideron chegar até Villa Rica, pero os sete morreron tres días máis tarde a consecuencia das feridas.

As forzas de Cuauhpopoca lograron capturar vivo a Juan de ArgüelloJUAN ARGÜELLO, EL LEONÉS CUYA CABEZA INERTE ATERRORIZÓ A MOCTEZUMA en: carlosdelriego.blogspot.com/ Consultado o 23-12-2025. natural de León, quen foi decapitado. Cuauhpopoca enviou a Tenochtitlan un comité coa cabeza de Argüello para mostrar a Moctezuma a vulnerabilidade dos españois. Porén, o emperador arrepiouse ao ver a cabeza e ordenou non ofrecela en sacrificio a ningún dos seus deuses.De acordo coa versión do crónista Bernal Díaz del Castillo

Cortés suxeriu máis tarde nunha carta, como xustificación da morte de Cuauhpopoca, que estes homes non foran asasinados nin capturados en batalla, senón que foran enviados polos españois como emisarios e guías a Cuauhpopoca, que os capturaran e os sacrificaran.Thomas, p. 703

Prisión de Moctezuma Xocoyotzin Hernán Cortés levaba uns días en Tenochtitlán cando chegaron mensaxeiros tlaxcaltecas aliados dos españois e de maneira secreta entregaron cartas a Cortés, relatando os sucesos en Nautla, e explicando que o ataque de Cuauhpopoca fora executado conforme ás ordes de Moctezuma.De acordo co cronista López de Gómara, o alguacil e Villa Rica, as cartas foron enviadas por Pedro de Hircio; Díaz del Castillo refuta esta tese indicando que non fora Pedro de Hircio senón Juan Escalante. Na súa Relación breve de la conquista de la Nueva España, o cronista Francisco de Aguilar tamén fala de Juan Escalante. Cortés pola súa banda nas cartas de relación omitiu dar o nome do alguacil, así como remitente das novas recibidas de Nautla

Despois de meditalo, Cortés utilizou o suceso como pretexto para manter preso a Moctezuma o 14 de novembro de 1519, á vez que reclamaba castigo para Cuauhpopoca e os seus seguidores.De acordo coa crónica de Bernal Díaz del Castillo, Hernán Cortés xa pensara arrestar a Moctezuma, pero non se atrevera a realizar esta acción. Véxase o capítulo XCIII páx 340-341 en Historia verdadera de la conquista de la Nueva España, Cervantes virtual

Foi o propio Cortés con axuda de Pedro de Alvarado, Gonzalo de Sandoval, Juan Velázquez de León, Francisco de Lugo, Alonso de Ávila, Bernal Díaz del Castillo, os intérpretes Jerónimo de Aguilar, Malinche e unha trintena de homes máis, quen fixeron o arresto.

Moctezuma negou o feito de ter emitido a orde das hostilidades e enviou guerreiros acompañados por tres españois, coa consigna de deter o insubmiso Cuauhpopoca e levalo a Tenochtitlán. A orden era respaldada cunha pedra como se fose un selo coa figura de Huitzilopochtli:Palabras de Motecuhzoma de acordo coa crónica de Andrés de Tapia

Cortés asignou na comitiva a Francisco de Aguilar, Andrés de Tapia e outro soldado chamado Valdelamar, pasaron vinte días antes do regreso dos enviados. Durante ese tempo, Moctezuma andou libremente no seu palacio, mesmo practicou a caza nas proximidades pero fortemente vixiadoThomas, p. 307 por unha escolta española.Os españois nomeados por Cortés para ir na procura de Cuauhpopoca, son reportados en Relación breve de la conquista de la Nueva España, crónica de Francisco de Aguilar.

Execución de Cuauhpopoca esquerda|miniatura|Representación da execución polos artistas novohispanos Juan González e Miguel González, 1698. Ao recibir a Cuauhpopoca prisioneiro, o tlatoani cedeu a Cortés o privilexio de xulgalo e condenalo. Cuauhpopoca chegou acompañado do seu fillo, e quince principais participantes do consello mexica acusados de dar morte aos españois en Nautla. Cortés preguntou directamente a Cuauhpopoca se era vasalo de Moctezuma, ao que respondeu: Cortés replicou:

Cortés quería saber se a orde dos ataques fora de Moctezuma, pero a resposta tanto de Cuauhpopoca como dos seus principais foi negativa. Foi entón cando se fixaron dezasete postes como cadafalsos para os sentenciados no que hoxe é a Praza da Constitución. Deuse a orde de comezar a queimalos vivos, e ante o lento e longo martirio, os sentenciados en agonía dixeron que a orde viñera de Moctezuma. A fogueira debeu de ser enorme, e unha multitude contemplou a execución en silencio.

Cortés mandou poner grillóns ao tlatoani, e díxolle:Diálogos de acordo coa crónica de López de Gómara, cap. LXXXVIII e LXXXIX

Esta foi unha acción preventiva de Cortés, para contrarrestar unha posible rebelión durante a execución de Cuauhpopoca. Pero Moctezuma, ademais de sentirse humillado, quedou sorprendido e temeroso da acción dos conquistadores españois. Pouco tempo despois, Cortés, nun acto de reconciliación e convencemento, quitou os grillóns ao tlatoani. Cortés designou a Alonso de Grado como alguacil en Villa Rica, coa garantía por parte do tlatoani que as accións non volverían repetirse.

Consecuencias miniatura|289x289px|Códice Florentino O tlatoani Moctezuma e o señor de Tlatelolco Itzcuauhtzin Moctezuma tivo un comportamento máis servil cos conquistadores, o cal xunto coa morte de Cuauhpopoca, xerou un malestar social nos mexicas. Cacamatzin, señor de Texcoco e integrante da Tripla Alianza, comezou a rebelarse contra os conquistadores. O tlatoani intercedeu a prol dos españois, quen o fixeron prisioneiro, incrementando aínda máis o odio dos mexicas cara a Moctezuma e os españois.

Algúns meses máis tarde, os mexicas celebraron a festa de Tóxcatl. Os mexicas foron atacados no Templo Maior por orde de Pedro de Alvarado —Cortés atopábase en Veracruz enfontando a Narváez—, no que se coñece como Matanza de Tóxcatl ou do Templo Maior.

Ao regresar Cortés, a situación era delicada, pois os mexicas subleváronse. Moctezuma xunto con Itzquauhtzin, señor de Tlatelolco, tentaron acougar os sublevados, pero foron lapidados polo seu pobo que os consideraba traidores.A muerte de Itzquauhtzin é narrada por Bernardino Sahagún, así como no "relato da conquista por un autor anónimo de Tlatelolca"

Tras a morte do tlatoani, Cuitláhuac organizou os mexicas e logrou expulsar os españois o 30 de xuño de 1520 na data coñecida como A Noite Triste.Thomas, p. 310 Estes sucesos, aínda que moi conmemorados, foron en realidade unha vitoria pírrica para os mexicas porque, ao perseguir os españois e darlles batalla en chairas próximas a Otumba poucos días despois da Noite Triste, o 7 de xullo de 1520 os mexicas sufriron unha notable derrota. As poboacións, ao decatarse da debilidade mexica, uníronse aos exércitos hispano-tlaxcaltecas para lograr rematar co goberno mexica. De tal sorte, a pírrica vitoria coñecida como A Noite Triste resolveuse no triunfo militar hispano-tlaxcalteca de Otumba e pode considerarse como o inicio do final da autoridade mexica no altiplano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

López de Gómara, Francisco (1552) | (2006) "Historia de la Conquista de México" Prólogo y estudio preliminar de Miralles Ostos, Juan; cap. LXXXVII-LXXXVIII pp126-127 ed.Porrúa ISBN 970-07-7021-4 Vázquez Chamorro, Germán (2003) "La conquista de Tenochtitlan" colección "Crónicas de América", compilación de los cronistas J.Díaz, A.de Tapia, B.Vázquez, F. de Aguilar; "Algunas cosas que acaecieron....pp 105,106, Relación Breve de la conquista..pp 175 Dastil, S.L. ISBN 84-492-0367-8 Díaz del Castillo, Bernal (1568) Historia verdadera de la conquista de la Nueva España, (texto en la web cervantesvirtual capítulos XCIV a XCVVI pp 342-353) Cortés, Hernán (1520) Cartas de Relación, Segunda Carta edición de Hernández Sánchez Barba, Mario (2003) para colección Crónicas de América, segunda carta pp 125-128 Dastil, S.L. ISBN 84-492-0352-X Cortés, Hernán (1520) Cartas de Relación ArteHistoria texto en la web — Crónicas de América —segunda carta Tapia, Andrés de (¿1539?) Relación de algunas cosas de las que acaecieron al muy ilustre señor don Hernando Cortés, marqués del Valle, desde que se determinó a ir a descubrir tierra firme en la tierra firme del mar océano documento publicado por Joaquín García Icazbalceta como Relación hecha por el señor Andrés de Tapia, sobre la conquista de México Cervantes virtual Sahagún, Bernardino de (1558) Historia general de las cosas de Nueva España (2006) libro 12, cap. XXI a XXIII pp 716-718 ed. por Ángel Ma. Garibay ed.Porrúa ISBN 970-07-6492-3 Historia de Nautla, Veracruz

Categoría:Aztecas Categoría:Finados en 1519 Categoría:Militares de México Categoría:Executados na fogueira