Rallicola é un xénero de piollo mastigador que é ectoparasito dos rálidos e outras aves. Déronlle ese nome Thomas Harvey Johnston e Launcelot Harrison en 1911. Ademais do subxénero nominotípico Rallicola, está dividido en dous subxéneros máis: Aptericola, cuxas especies se encontran nas aves kiwi, e Huiacola, un subxénero monoespecífico que consta de Rallicola extinctus, que unha vez se atopou no paseriforme tamén extinto Heteralocha acutirostris.

Historia taxonómica En 1866 Ferdinand Rudow circunscribiu o xénero de Philopteridae Trabeculus con Trabeculus schillingi como a súa especie tipo. En 1870 creou un novo xénero, Oncophorus coa mesma especie tipo, converténdoo nun sinónimo júnior obxectivo de Trabeculus. En 1880 Édouard Piaget engadiu máis especies a Oncophorus. Apuntou como autor "Rud." por Rudow en 1880, pero en 1885 puxo como indicación de autor "m." polo pronome latino mihi (min) para indicar a el mesmo.

Thomas Harvey Johnston e Launcelot Harrison crearon o novo nome de xénero Rallicola en 1911. Ncesitábase un novo nome porque Oncophorus e Oncophorus tiñan un homónimo sénior e un sinónimo sénior, respectivamente. Só incluíu as especies de Oncophorus que parasitaban rálidos e xacanas, deixando as que parasitaban bufos e calaos noutro xénero.

En 1915 Harrison dividiu o xénero en tres subxéneros: Rallicola (Rallicola) para as especies que se atopaban en rálidos, Rallicola (Parricola) para as especies atopadas en Parridae, e Rallicola (Aptericola) para especies encontradas en Apterygidae (kiwis). A lista de Harrison de 1916 de especies de Mallophaga (piollos mastigadores) recoñecía dezaseis especies válidas en Rallicola, unha en Parricola e tres en Aptericola.

En 1990 Eberhard Mey describiron unha nova especie co nome Huiacola extinctus e incluíuna nun novo xénero, Huiacola especial para ela. Huiacola foi seguidamente clasificada como subxénero de Rallicola.

Especie tipo Johnston e Harrison designaron a "O. attenuatus " como a súa especie tipo. Esta referíase á especie que nomeara Christian Ludwig Nitzsch Philopterus (Nirmus) attenuatus, que Édouard Piaget incluíu na súa taxonomía de 1880 de Oncophorus. Porén, o uso de Nitzch deste nome era un nomen nudum, xa que só estaba acompañada dunha indication cuestionada a un taxon previamente descrito, concretamente a descrición de Franz von Paula Schrank de 1781 de Pediculus ortygometrae. O nome só quedou dispoñible en 1838 como Nirmus attenatus, cando Hermann Burmeister proporcionou a mesma indicación a Schrank pero sen sinalala como cuestionable.

Sinónimos

En 2017 recñecíanse seis sinónimos para este xénero. Hopkins e Clay designaron a Oncophorus bisetosus como a especie tipo do xénero Oncophorus de Piaget. Harrison indicou como especie tipo do seu subxénero Parricola a "Rallicola (Parricola) sulcata ", é dicir, Oncophorus sulcatus .

M. A. Carriker, Jr. nomeou e circunscribiu tres dos seu sinónimos júnior. Carriker nomeou o xénero Furnaricola en 1944; a súa circunscrición incluía a súa especie tipo F. acutifrons (con dúas subespecies, F. a. acutifrons e F. a. subsimilis) así como F. cephalosa, F. chunchotambo, F. heterocephala, F. laticephala, F. parvigenitalis e F. titicacae, que foron todas descritas na mesma obra. Nun artigo de 1949, creou o xénero Epipicus para a súa nova especie E. scapanoides. Noutro artigo publicado en 1949, el nomeou o xénero Corvicola, que constaba da súa especie de nova descrición C. insulana. En 1952 Hopkins e Clay clasificaran Furnaricola, Epipicus e Corvicola como sinónimos júnior de Rallicola. Nun artigo de 1966, Carriker defendeu a validez de Furnaricola como xénero distinto. Roger D. Price e K.C. Emerson trataron Furnaricola como o xénero en 1987, pero en 1993 Price e Dale Clayton concorreu coa sinonimización de Hopkins e Clay.

En 1982, Wolfdietrich Eichler circunscribiu o xénero Psophiicola. A súa especie tipo é Liperus foedus Nitzsch in Giebel, 1866, que el transferiu desde Rallicola. Esta era a única especie incluída na súa circunscrición.

Hóspedes

En 1953 Theresa Clay informou que atopara 47 especies de Rallicola en 25 xéneros de Rallidae. Rallicola pode tamén encontrarse en aves das familias Aramidae e Psophiidae. A única especie de Huiacola R. (H.) extinctus atopouse na ave extinta Heteralocha acutirostris da familia Callaeidae (extinguíronse xuntas). As especies de Aptericola encóntranse en aves Apterygidae (kiwis).

Distribución Os subxéneros Huiacola e Aptericola son ambos endémicos de Nova Zelandia. As especies do subxénero Rallicola poden encontrarse en América do Norte, as illas do Pacífico, e Nova Zelandia. Unha especie non descrita de Rallicola (Rallicola) rexistrouse nas illas Galápagos en 2013.

Subxéneros e especies Recoñécense tres subxéneros, incluíndo o subxénero nomeado.

Rallicola miniatura|R. (R.) advenus Rallicola . Especie tipo: Nirmus attenuatus . Aproximadamente 90 especies, incluíndo:

Rallicola acutifrons Rallicola advenus Rallicola Rallicola chunchotambo Rallicola cuspidatus Rallicola foedus Rallicola funebris Rallicola heterocephala Rallicola insulana Rallicola laticephala Rallicola ortygometrae Rallicola parvigenitalis Rallicola piageti - posiblemente coextinto; o hóspede era o rálido de Nova Caledonia Cabalus lafresnayanus Rallicola scapanoides Rallicola titicacae Rallicola zumpti †Rallicola guami - probable extinción inducida pola conservación; o hóspede é o rálido de Guam Gallirallus owstoni

Aptericola

Aptericola . Especie tipo: Rallicola (Aptericola) gadowi . Four species:

Rallicola gadowi Rallicola gracilentus Rallicola rodericki Rallicola pilgrimi - extinción inducida pola conservación; o hóspede é o kiwi Apteryx owenii

Huiacola Huiacola . Especie tipo: Huiacola extinctus . Unha especie: †Rallicola extinctus - coextinto; o hóspede era a ave tamén extinta Heteralocha acutirostris

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Piollos Categoría:Parasitos de aves