Roberto López Alcaide, nado en Zaragoza o 24 de abril de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Leganés, da Segunda División.

Traxectoria Nado en Zaragoza, formouse como futbolista nas canteiras do Amistad e da Real Sociedad. O 14 de xaneiro de 2019 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Luca Sangalli nunha vitoria por 3-2 na casa contra o Espanyol. Ascendido definitivamente ao equipo principal na tempada 2020-21, marcou o seu primeiro gol na máxima categoría o 13 de setembro de 2020 contra o Real Valladolid. Na tempada 2021/22 volveu ao filial, que viña de ascender á Segunda División.

Tras xogar cedido no Mirandés e no Tenerife, o 10 de xullo de 2024 asinou un contrato de tres anos co Leganés.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21