A Reserva da Biosfera El Vizcaíno, creada en 1988,da Biosfera El Vizcaíno - Perfil do parque - Información xeral . Recuperado o 14-09-2008. está situada no Municipio de Mulegé no norte de Baixa California Sur, no centro da Península de Baixa California entre o Océano Pacífico e o Golfo de California. Cunha área de máis de 24930 km²,ANP 282 - El Vizcaíno . Retrieved 01-03-2015. é o maior refuxio de vida silvestre de México e limita co extremo norte da Área Protexida de Flora e Fauna Valle de los Cirios.
Historia Os grupos nativos habitaron esta rexión por primeira vez hai máis de once mil anos. Poderían ser nómades que chegaron por terra desde o norte do continente americano, ou grupos de orientación mariña que usaban barcos para seguir a costa. Nos albores do período histórico, os seus sucesores foron os cochimíes, recolectores que explotaban os recursos naturais da costa, as chairas do interior e a Serra de San Francisco. Os viaxeiros que se adentran nesta rexión montañosa aínda poden ver a arte rupestre dos nativos. Os exploradores españois chegaron á zona no século XVI. Juan Rodríguez Cabrillo foi o primeiro explorador en navegar polas costas, mentres que Sebastián Vizcaíno explorou o interior, no que hoxe é a reserva da biosfera en 1596 en nome de Gaspar de Zúñiga, vicerrei de Nova España.
Fauna Entre os animais que se adaptaron a estas condicións extremas inclúense unha variedade de nocturnos como os coiotes, os roedores e as lebres, outros adaptáronse só a inxerir auga de plantas suculentas. Entre os mamíferos destaca o berrendo de Baixa California (unha subespecie endémica do berrendo), as últimas poboacións desta subespecie pódense atopar na rexión. O Vizcaíno é tamén o hábitat do carneiro cimarrón do deserto, o cervo mulo e ducias de aves residentes e migratorias. De especial importancia: as aguias pescadoras, os corvos mariños, as garzas mariñas e as gaivotas, e catro especies de tartarugas mariñas. Na costa e nos illotes hai moitos mamíferos mariños, como os elefantes mariños do norte, os leóns mariños de California, os golfiños e as Balea cinsenta do Pacífico.
Ver thumb|left|550px|Reserva da Biosfera de El Vizcaíno
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en México
Ligazóns externas Cetacean Habitat.org: El Vizcaino Biosphere Reserve — with map. UNESCO: Whale Sanctuary, El Vizcaino World Heritage Site UNESCO World Heritage Sites: El Vizcaíno Whale Sanctuary information Explore the Whale Sanctuary of El Vizcaino in the UNESCO collection on Google Arts and Culture
Categoría:Patrimonio da Humanidade en México Categoría:Estado de Baixa California Sur