miniatura|Esqueleto de Chelonoidis niger vicina no Museo Nacional de Historia Natural de Washington, D.C. Chelonoidis niger (tamén chamada C. nigra, a tartaruga das Galápagos) é unha especie de tartaruga endémica das illas Galápagos. Comprende polo menos 14, e posiblemente 16, subespecies, que se indican nesta lista de subespecies da tartaruga das Galápagos. Só existen actualmente 12 subespecies vivas: unha en cada unha das seguintes illas: Santiago, San Cristóbal, Pinzón, Española e Fernandina; dúas en Santa Cruz; e unha en cada un dos cinco principais volcáns da illa maior do arquipélago a illa Isabela (volcáns Wolf, Darwin, Alcedo, Sierra Negra e Cerro Azul); e unha especie, abingdonii da illa Pinta, que se considera extinta desde o 24 de xuño de 2012. A subespecie que habita na illa Floreana (Chelonoidis niger niger) pénsase que foi cazada ata a extinción en 1850, só uns poucos anos despois de que Charles Darwin visitase o arquipélago en 1835, onde viu coirazas pero non tartarugas vivas desa illa; porén, aínda hoxe existen híbridos desa tartaruga con C. n. niger.Sulloway 1984. Darwin and the Galápagos. In: Berry, R.J. (Ed.) Evolution in the Galápagos Islands. Biological Journal of the Linnean Society 21(1-2):29-60.
A taxonomía biolóxica non é algo que estea fixado, e a situación dos taxons revísase como resultado de novas investigacións, especialmente en grupos taxonómicos de clasificación complicada como é este, que primeiro foi tratado como especie (dividida en subespecies), despois como un complexo de especies (que comprendía varias especies, que eran as subespecies ascendidas á categoría de especies), e de novo como especie (dividida en subespecies). A categorización actual de subespecies de Chelonoidis niger móstrase máis abaixo na táboa. Tamén se inclúen sinónimos, que son agora desbotados como nomes duplicados ou incorrectos.
Antes do ano 2000 todos os membros deste grupo eran clasificados como subespecies dentro dunha soa especie, Chelonoidis niger. Desde o 2000 ata 2021, cada unha das subespecies foi considerada especie por dereito propio. Porén, un estudo de 2021 que analizou o nivel de diverxencia dentro da radiación da extinta Chelonoidis india occidental e comparándoa coa radiación das Galápagos atopou que o nivel de diverxencia dentro de ambos os clados puido ser significativamente sobreestimado, e apoiou reclasificar outra vez todas as tartarugas das Galápagos como subespecies dunha soa especie, C. niger. Isto foi seguido polo Grupo de Traballo de Taxonomía das Tartarugas e a Reptile Database no seguinte ano.
Lista de subespecies + Chelonoidis niger Subespecies Autoridade Descrición Poboación e distribución C. n. abingdonii (da illa Pinta ou Abingdon) 200 px Estado de conservación 200 px Extinta Günther 1877.Günther 1877 . The gigantic land tortoises (living and extinct) in the collection of the British Museum, British Museum (Nat. Hist.), Londres O holotipo de C. n. ephippium (Günther 1875) é unha C. abingdonii mal identificada, así que tecnicamente abingdonii é un sinónimo júnior. George o solitario, o último membro vivo da subespecie, morreu o 24 de xuño de 2012. Esta subespecie sufriu unha forte caída da súa poboación pola captura por baleeiros e pescadores e pola introdución de cabras en 1958 que causaron unha destrución masiva da vexetación. A coiraza é de tipo sela, moi estreita, compimida e lixeiramente volta cara arriba na parte anterior, e máis ancha e baixa na parte posterior cunha marxe redondeada. Non se coñecen individuos. Anteriormente vivía nas ladeiras do sur da illa Pinta (Abingdon); agora está extinguida.
En 2007, atopouse un híbrido na illa Isabela con xenes de abingdonii,DNA search gives hope to tortoise. BBC News. (Consultado o 2012-01-14.) que suxire que podería haber algunha tartaruga viva na natureza. C. n. becki (nomeada por Rollo Beck) 200 px Estado de conservación 200 px Vulnerable Rothschild 1901Rothschild 1901. On a new land-tortoise from the Galapagos Islands Novitates Zoologicae Reprodúcese con éxito. Aparentemente hai dous morfotipos no volcán Wolf, de coiraza abovedada e de coiraza en sela. Unha poboación máis aplanada ou de coiraza en cúpula do sur pode que cruzase a anterior barreira de lava e se mesturase cunha poboación illada de tartarugas de coiraza en sela.Pritchard 1996. The Galapagos tortoises: Nomenclatural and survival status. Chelonian Research Monographs. (1):1–85 Para a variedade con coiraza en sela, a coiraza gris é relativamente grosa con pouca ou ningunha indentación cervical, a marxe anterior da coiraza está xirada cara arriba e as marxes posteriores son ensanchadas e lixeiramente serradas. A coiraza está comprimida ou estreitada na parte anterior, pero non tanto coma noutras subespecies con coiraza en sela. 1139 individuos. Norte da illa Isabela (Albemarle), ladeiras norte e oeste do volcán Wolf.
Investigacións recentes indican que a variación é causada pola hibridación das tartarugas nativas de Isabela cuns 40 descendentes das tartarugas de Floreana, unha poboación que se pensaba estaba extinguida desde 1850.Extinct tortoise 'can live again'. BBC News. (Consultado o 2012-01-14.) C. n. chathamensis (da illa San Cristóbal ou Chatham) 200 px Estado de conservación 200 px En perigo Van Denburgh 1907 Foi moi explotada e eliminada en gran parte da súa distribución orixinal. Os burros ferais pisan os niños, e os cans ferais depredan as crías decimando as poboacións, pero o programa de cría liberou con éxito exemplares. Ten unha coiraza negra ampla con forma intermedia entre a de sela e a de cúpula: os machos adultos son máis ben de coiraza en sela, pero as femias e machos novos téñena máis ancha no medio e máis cupuliforme. Unha forma agora extinta de coiraza máis plana vivía nas rexións máis húmidas e altas da illa máis alteradas polo home cando a illa foi colonizada. O espécime tipo pertencía a esta poboación extinta, así que é posible que a subespecie actualmente designada como C. chathamensis teña un nome incorrectamente aplicado. 6700 individuos. Na illa San Cristóbal (antes Chatam), confinada no noroeste.
A medida tomada de valar os niños e a erradicación dos cans na década de 1970 axudou á recuperación da poboación. C. n. darwini (nomeada por Charles Darwin) 200 px Estado de conservación 200 px En perigo crítico Van Denburgh 1907 Un gran número de exemplares foron capturados na illa a principios do século XIX polas visitas dos barcos baleeiros, e as cabras introducidas que converteron as zonas baixas costeiras en desertos, restrinxindo as tartarugas restantes ao interior da illa. A proporción de sexos está fortemene desequilibrada en favor dos machos e a maioría dos niños e crías son destruídos pos porcos ferais. Algúns niños son agora protexidos por currais que se fan con lava e desde 1970 os ovos son transportados á Estación de Investigación Charles Darwin para que fagan eclosión e a crianza. Os programas de liberación e as medidas de protección dos niños dos porcos ferais tiveron éxito.Cayot 1994. Conservation biology of Galápagos reptiles: twenty-five years of successful research and management. In: J. B. Murphy, K. Adler, and J. T. Collins (eds.). Captive Management and Conservation of Amphibians and Reptiles, pp. 297–305. Ithaca, New York: Society for the Study of Amphibians and Reptiles. Contributions to Herpetology. vol. 11. . A coiraza de gris a negra é de forma intermedia entre a das subespecies en sela e as cupuliformes. A indentación cervical é pouco profunda; a marxe anterior da coiraza non está revirada para arriba de forma apreciable, e a marxe posterior está ensanchada, lixeiramente elevada e debilmente serrada. 1165 individuos, aínda que o forte nesgo en favor dos machos na poboación restante impide unha rápida recuperación da poboación. Vive na illa Santiago (James) nas áreas do centro oeste. C. n. donfaustoi (nomeada por Fausto Llerena Sánchez, "don Fausto") 200 px Estado de conservación 200 px En perigo crítico Poulakakis et al., 2015 As probas de ADNmt mostran que hai en realidade tres poboacións xeneticamene distintas na illa de Santa Cruz. Caracterízanse por unha coiraza negra oval (130 cm) con forma de cúpula, máis alta no centro que na parte frontal e ancha na parte anterior.
En 2015, a pequena poboación de Cerro Fatal da illa foi descrita como unha subespecie distinta, C. n. donfaustoi, máis emparentada con chathamensis (e formando un clado con ela e con abingdonii e hoodensis), mentres que a principal poboación do suroeste de porteri era máis próxima ás tartarugas de Floreana e do sur de Isabela. 400 individuos, con 250 adultos C. n. duncanensis (da illa Pinzón ou Duncan) 200 px Estado de conservación 200 px Vulnerable Garman 1917Garman 1917. The Galapagos tortoises. Memoirs of the Museum of Comparative Zoölogy at Harvard College., vol. XXX, no. 4sinónimo ephippium (en latín 'montada sobre un cabalo, similar a unha sela') Günther 1875. O holotipo de C. n. ephippium foi incorrectamente identificado como C. abingdonii. O previo nomen nudum deste taxon, duncanensis foi, por tanto, resucitado. Aínda que foi pouco molestada polos baleeiros, cantidades bastante grandes de exemplares foron capturados por expedicións na última metade do século XIX e inicios do XX. Despois da introdución das ratas Rattus rattus e Rattus norvegicusRat eradication program begins in Galapagos Islands. Scientific American. (Consultado o 2012-01-14.) varias veces antes de 1900, non tivo éxito ningunha reprodución natural. Desde 1965, os ovos son transportados á Estación de Investigación Charles Darwin para que fagan eclosión e a crianza. Un 75 % dos exemplares liberados entre 1970 e 1990 sobreviviron. Esta subespecie con coiraza en sela é unha das tartarugas máis pequenas das Galápagos. A súa coiraza gris amarronada oblonga só ten unha indentación cervical moi pouco profunda, as marxes anteriores están de pouco a moito voltas para arriba, e as marxes posteriores lixeiramene serradas están ensanchadas e voltas para arriba. A coiraza adoita estar comprimida ou estreitada pola parte anterior. 532 individuos (xa non está extinta na natureza). Suroeste da illa Pinzón (Duncan). C. n. guentheri (nomeada por Albert Günther) 200 px Estado de conservación 200 px En perigo crítico Baur 1889Baur 1889. The gigantic land tortoises of the Galapagos Islands. The American Naturalist 23:1039–1057 A poboación diminuíu grandemente por causa da colonización e da explotación do seu aceite que continuou ata a década de 1950. A reprodución na natureza realízase con éxito no leste, pero na área do oeste-suroeste, as ratas, cans, gatos e porcos están presentes como predadores. É unha das das subespecies existentes máis ameazadas, e puxeronse en catividade 20 adultos para un programa de reprodución en 1998 despois da ameaza dunha erupción volcánica do volcán próximo de Cerro Azul. A subespecie é intermedia en forma entre as de coiraza cupuliforme e de sela, cunha aparencia distintiva de 'taboleiro'. 704 individuos, nun estudo de 2023. Vive na illa Isabela na zona do volcán Sierra Negra, un grupo no leste e outro nas ladeiras oeste e suroeste.
Polo menos unha autoridade suxeriu fusionar C. n. vicina con C. n. microphyes, C. n. vandenburghi e C. n. guentheri como tartaruga de Isabela do sur (C. n. vicina), atribuíndo as diferenzas morfolóxicas a variacións xeográficas. C. n. hoodensis (da illa Española ou Hood) 200 px Estado de conservación 200 px