Julio Rajó Lorenzo, nado o 1 de maio de 1917 no Carballiño, e finado no campo de concentración de Gusen o 1 de outubro de 1942, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria Julio pertenceu ás Milicias Gallegas, organizadas polo Partido Galeguista (Castelao) e Santiago Álvarez en 1936, como soldado. miniatura|Aviso de deceso de Julio Rajó Fuxiu a Francia dentro da Retirada dos republicanos, pasando polos campos de refuxiados de Barcarés, na praia, e Vernet d'Ariège nos pre-pireneos.

Clasificado como católico, solteiro e labrego, chegou a Mauthausen o 13 de decembro de 1940, procedente do Stalag V-D de Estrasburgo, co número 5171.

Morreu en Gusen o 1 de outubro de 1942 ás 9:15 horas. Causa da morte rexistrada: pneumonía. Tiña 25 anos.

O enderezo familiar que consta no Avis de deces enviado o 29 de novembro de 1950 era Madame Lorenzo de Rossi Concepción, calle Sarmiento Esquina Del Valle 92, Buenos Aires, República de Argentina.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa