Martin Wolfswinkel, nado en Ámsterdam o 7 de setembro de 1979, é un ex xogador de fútbol profesional neerlandés afincado en Lalín que iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Ajax de Ámsterdam.
Traxectoria No ano 1998 fichou pola SD Compostela cando militiba na Segunda División Española. Os poucos minutos disputados fan que saia cedido ao Real Ávila na temporada 00/01.
O xogador neerlandés non chega a consolidarse no club santiagués polo que finalmente, no ano 2004, ficha polo CD Lalín do Grupo 1 da Terceira División, onde xogaría ata a súa retirada no ano 2010.
Martin asentaríase en Lalín onde seguiría a súa vida profesional lonxe dos terreos de xogo e ligado ao mundo do téxtil, traballando para firmas importantes como Florentino.
Notas
Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Nados en 1979 Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CD Lalín