Hanón II o GrandeO numeral provén de Charles-Picard e Picard, Life and Death of Carthage. (en ; ḥnʾ)Huss, Geschichte, 565. foi un rico aristócrata cartaxinés do século III a.C. É o opositor político máis coñecido da familia dos bárcidas; primeiro Hamílcar e logo Haníbal Barca.
Traxectoria Posuía grandes extensións de terra no Magreb e liderou a facción cartaxinesa que se opoñía a continuar a loita contra Roma durante a primeira guerra púnica.Tito Livio, Ab urbe condita (Historia de Roma), 21,3 Prefería continuar conquistando terras no norte de África no canto de librar unha guerra naval contra Roma, que non lle proporcionaría beneficios persoais.Apiano, Las Guerras Ibéricas, 4,5 Os seus intereses enfrontábanse directamente cos do xeneral cartaxinés Hamílcar Barca. Hanón desmobilizou a mariña cartaxinesa no ano 244 a. C., dando tempo a Roma para reconstruír a súa frota e derrotar finalmente a Cartago contra o 241 a. C.Polibio, Historia Universal baixo a República Romana i. 67 - 88.
Trala guerra rexeitou pagar aos mercenarios contratados por Hamílcar. Estalou unha revolta, coñecida como guerra dos mercenarios, e Hanón tomou o mando do exército para sufocala. O seu intento foi infrutuoso e devolveu o mando a Hamílcar. Finalmente, ambos cooperaron para derrotar os rebeldes no río Bagradas no ano 238 a. C.
O seu alcume, "o Grande", foille atribuído aparentemente polas súas conquistas en África. Seguiu opoñéndose ao conflito con Roma, que implicaría necesariamente enfrontamentos navais. Durante a segunda guerra púnica, liderou a facción prorromana en Cartago, dificultando o envío de reforzos ao fillo de Hamílcar, Haníbal, trala súa vitoria na batalla de Cannas.
Despois da derrota cartaxinesa na batalla de Zama (202 a. C.), atopábase entre os embaixadores enviados a negociar a paz con Roma.Livio 21,3
Notas
Véxase tamén Bibliografía Charles-Picard, Gilbert; Picard, Colette. Life and Death of Carthage. Taplinger, 1968. Hoyos, Dexter. The Carthaginians. Routledge, 2010. Hoyos, Dexter. Master the West: Rome and Carthage at War. Oxford University Press, 2015. Hoyos, Dexter. Carthage's Other Wars: Carthaginian Warfare Outside the 'Punic Wars' Against Rome. Pen & Sword, 2019. Huss, Werner. Geschichte der Karthager. C.H. Beck, 1985.
Categoría:Militares cartaxineses Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados en -193