Jesús Lázaro Owono Ngua Akeng, nado en Bata o 1 de marzo de 2001, é un futbolista ecuatoguineano que xoga como porteiro no Andorra, da Segunda División, cedido polo Alavés. É internacional coa selección de Guinea Ecuatorial.
Traxectoria Nado en Bata, mudouse ao País Vasco durante a súa infancia. Dende os oito anos xogou na canteira do Antiguoko, pasando en 2013 á da Real Sociedad e en 2017 á do Alavés. Representou ao País Vasco na categoría sub-16.
Debutou co primeiro equipo do Alavés na Primeira División o 2 de xaneiro de 2022. Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Andorra, da Segunda División.
Selección nacional Con 17 anos recibiu a súa primeira convocatoria da selección absoluta de Guinea Ecuatorial. Debutou o 25 de marzo de 2019, xogando toda a segunda metade dun amigable contra Arabia Saudita. Foi convocado coa selección nacional para a Copa de África de Nacións de 2023.
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Guinea Ecuatorial Categoría:Futbolistas de Guinea Ecuatorial Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Guinea Ecuatorial