The Reptile Database é unha base de datos científica que recolle información taxonómica de todas as especies vivas de réptiles (é dicir, non se inclúen especies fósiles como poden ser os dinosauros). A base de datos céntrase en especies (e non en categorías taxonómicas maiores, como familias) e ten entradas para as ~14.000 especies actualmente recoñecidas e as súas subespecies, aínda que adoita haber un atraso duns poucos meses antes de que as novas especies se incorporen e estean dispoñibles en liña. A base de datos recolle os nomes científicos e comúns, sinónimos, literatura, referencias, información da distribución, información do tipo, etimoloxía e outras informacións taxnomicamente relevantes.

Historia Esta base de datos fundouse en 1995 como EMBL Reptile Database cando o seu fundador, Peter Uetz, era un estudante graduado no European Molecular Biology Laboratory (EMBL) en Heidelberg, Alemaña. Thure Etzold desenvolvera a primeira interface web para as bases de datos de secuencias de ADN de EMBL, que se usaban tamén como interface para a Reptile Database. En 2006, a base de dato trasladouse ao The Institute of Genomic Research (TIGR) e funcionou brevemente como TIGR Reptile Database ata que o TIGR foi integado no J Craig Venter Institute (JCVI), onde Uetz foi un profesor asociado ata 2010. Desde 2010, a base de datos mantívose en servidores situados na República Checa baixo a supervisión de Peter Uetz e Jirí Hošek, un programador checo. A base de datos celebrou o seu 25º aniversario xunto con AmphibiaWeb, que cumpría o seu 20º aniversario en 2021.

Contido miniatura|300px|Número de xéneros de réptiles cun número dado de especies. A maioría dos xéneros teñen só unha ou unhas poucas especies, mais algúns poden ter centos. Baseado en datos da Reptile Database (en maio de 2015).

En agosto de 2024, a Reptile Database tiña unha lista de 12.200 especies (incluíndo outras ~2.200 subespecies) nuns 1250 xéneros (ver figura), e ten máis de 60.000 referencias de literatura científica e unhas 22.000 fotos. A base de datos estivo crecendo constantemente desde o seu inicio, cunha media de 100 a 200 novas especies descritas por ano na pasada década. Recentemente, a base de datos tamén engadiu unha lista máis ou menos completa de espécimes tipo primarios.

Relacións con outras bases de datos A Reptile Database foi membro do proxecto Species 2000 que elaborou o Catalogue of Life (CoL), unha metabase de datos de máis de 150 bases de datos de especies que cataloga todas as especies vivas no planeta.Catalogue of Life Source databases , consultado en agosto de 2015 O CoL proporciona información taxonómica á Encyclopedia of Life (EoL). A Reptile Database tamén colabora co World Register of Marine Species (WoRMS), o proxecto de ciencia cidadá iNaturalist, e ten ligazóns coa base de datos da Lista Vermella da IUCN. A base de datos de taxonomía do NCBI ten ligazóns coa Reptile Database.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

The Reptile Database—Home Page Reptile Database Search— Páxina de busca en Reptarium

Categoría:Bases de datos Categoría:Taxonomía Categoría:Herpetoloxía