Joseph Richard Slevin (nado o 13 de setembro de 1881 – finado o 17 de febreiro de 1957) foi un herpetólogo estadounidense e o segundo curador de herpetoloxía da Academia de Ciencias de California, á cal estivo afiliado durante 50 anos. Coleccionaba especies de anfibios e réptiles de todo o mundo, e hai que salientar os dunha expedición ás illas Galápagos de 17 meses de duración, e foi en gran medida responsable do crecemento da colección herpetolóxica da Academia despois da súa destrución no terremoto de San Francisco de 1906. Escribiu ou coescribiu case 60 artigos científicos e é lembrado nos nomes científicos dunha ducia de especies ou subespecies de animais e plantas.
Primeira etapa da súa vida
Slevin naceu en San Francisco, California e asistiu ao Instituto de San Ignacio. Seu pai, Thomas E. Slevin, era un ornitólogo amador e membro da Academia de Ciencias de California. Estudou linguas clásicas no Saint Mary's College de Kansas, despois alistouse na Mariña dos Estados Unidos. En 1904 licenciárase da Mariña e fixera uns 20 viaxes coa Oceanic Steamship Company, unha compañía navieira que operaba entre San Francisco, Hawai e Australia.
Expedición ás Galápagos miniatura|esquerda|Un espécime da tartaruga das Galápagos Chelonoidis nigra vicina recollida por Slevin na illa Isabela en 1906.
En 1904, a Academia de Ciencias contratou a Slevin e alí adestrouno John Van Denburgh como recolector científico. En xuño de 1905 a Academia embarcouse nunha expedición de investigación de 17 meses ás illas Galápagos e outras illas do Pacífico cunha tripulación de oito científicos liderada por Rollo H. Beck; Slevin estaba a cargo dos réptiles. O propósito da viaxe era estudar a xeoloxía das illas e recoller plantas, moluscos, insectos, aves, mamíferos e réptiles, e, como escribiu Van Denburgh, "non reparar en esforzos para conseguir espécimes ou restos das razas das tartarugas terrestes xigantes que se pensa que se extinguiron hai longo tempo." A viaxe fixo breves paradas nas illas fronte ás costas de Baixa California e as illas de San Benedicto, Socorro, Clipperton e Coco antes de chegar á illa illa Española (ou illa Hood) das Galápagos o 24 de setembro de 1905. Durante o ano seguinte, a expedición atopou tartarugas vivas en case todas as illas onde foran previamente rexistradas, e por prmeira vez atoparon tartarugas vivas ou restos en tres das illas (Fernandina, Rábida e Santa Fe). Slevin, axudado polo herpetólogo axudante de 18 anos Ernest Samuel King, tomou notas detalladas da bioloxía dos animais que recollía. Os biólogos Thomas e Patricia Fritts, que posteriormente editaron e publicaron as notas de campo de Slevin, escribiron que, aínda que el era "primeiro e ante todo un recolector de réptiles, tamén era un naturalista meticuloso que rexistraba as observacións dunha maneira pouco característica para aqueles tempos."
Durante a expedición, o edificio da Academia foi case totalmente destruída polo terremoto de San Francisco de 1906 e dos incendios que o seguiron, e a colección de réptiles e anfibios quedou reducida de 8000 espécimes que había a só 13. Despois dun ano enteiro explorando as illas, a expedición partiu do arquipélago o 25 de setembro de 1906, e regresou a San Francisco o 29 de novembro dese ano. Slevin, King e outros recolleran uns 4500 réptiles –case 4000 só nas illas Galápagos– o que Van Denburgh chamou "con diferenza as maiores e máis importantes coleccións nunca recollidas nesas illas." Ademais das súas observacións de campo, Slevin publicou o caderno de bitácora do barco, que ten valor histórico para o estudo das Galápagos.
Slevin tornaría ás Galápagos outra vez en 1928–1929.
Outros traballos Slevin tamén recolleu espécimes por todo o oeste dos Estados Unidos e México, así como en América Central e Australia. O biólogo Vasco M. Tanner escribiu que Slevin era en gran parte responsable de recoller e preservar os máis de 75.000 espécimes que se albergaban na Academia no momento da súa morte.
Durante a primeira guerra mundial Slevin serviu como comandante de submarinos na Mariña, e en 1928 sucedeu a John Van Denburgh como curador das coleccións herpetolóxicas da Academia. Tratou de de volver a alistarse na segunda guerra mundial, pero denegáronlle a súa petición debido á súa idade, e en vez diso fixo traballos contratados para a Mariña no obradoiro de instrumentos ópticos da Academia. Produciu 58 publicacións científicas, 12 delas coa coautoría de Van Denburgh e foi elixido membro honorario da Academia en 1954. É lembrado nos nomes científicos de 12 especies ou subespecies de serpes e lagartos, así como polo rato de Slevin (Peromyscus slevini) e varias especies de invertebrados e plantas.
Taxons epónimos miniatura|O escíncido de Slevin Emoia slevini. Os taxons (especies e subespecies) nomeados con epíteto referido a Slevin son os da lista cronolóxica de abaixo, seguidos do autor e do ano en que foron nomeados. Os taxon indícanse aquí coa denominación que recibiron orixinalmente; posteriores investigacións reasignaron algúns dos taxons, facendo que algúns sexan nomes sinónimos inválidos. Antillophis slevini Van Denburgh 1912 (= Pseudalsophis slevini) – unha cobra das Galápagos Sauromalus slevini Van Denburgh, 1922 – un iguánido Bulimulus slevini Hanna, 1923 – un caracol terrestre Neomammillaria slevinii Britton & Rose (1923) (sin. de Mammillaria albicans) – un cacto Olpium slevini Chamberlin, 1923 – un pseudoscorpión Agave sleviniana I.M.Johnst. (1924) (sin. de Agave sobria) – unha agave Megachile slevini Cockerell, 1924 – un himenóptero Peromyscus slevini Mailliard, 1924 – un rato Trachypachus slevini Van Dyke, 1925 – un escaravello Dryadophis melanolomus slevini Stuart, 1933 (= Mastigodryas melanolomus slevini) – unha cobra Amphisbaena slevini Schmidt, 1936 – un anfisbénido Sceloporus slevini H.M. Smith, 1936 – un lagarto Trimetopon slevini Dunn, 1940 – unha cobra Lygosoma slevini Loveridge, 1941 (= Nannoscincus slevini) – un escíncido Hypsiglena slevini W. Tanner, 1943 – unha cobra Coleonyx variegatus slevini Klauber, 1943 – un geckónido Alastoroides slevini Bohart, 1948 – unha avespa agora no xénero Hypalastoroides Masticophis slevini Lowe & Norris, 1955 – unha cobra Stenodactylus slevini G. Haas, 1957 – un geckónido Emoia slevini W.C. Brown & Falanruw, 1972 – un escíncido
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Diario de Joseph R. Slevin da expedición ás Galápagos 1905–1906
Artigos de Joseph R. Slevin na Academia de Ciencias de California no Online Archive of California
Categoría:Herpetólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América