miniatura|Detalle do gravado do arresto de Colnett con el no centro. O capitán James Colnett, nado , finado o 1 de setembro de 1806, foi un oficial da Royal Navy británica, explorador e comerciante de peles. Serviu ao mando de James Cook na segunda viaxe de James Cook de exploración. Posteriormente, encabezou dúas expedicións de comercio privadas que consistían en conseguir peles de londra mariña no noroeste do Pacífico de Norteamérica e vendelas en Cantón, China, onde a Compañía das Indias Orientais tiña un posto de comercio. Unha parte clave deste novo sistema de comercio era pasar o inverno nas recentemente descubertas illas Hawai.

Colnett é lembrado principalmente pola súa intervención na crise de Nootka de 1789, que inicialmente foi unha disputa entre comerciantes británicos e a Armada Española sobre o uso do estreito de Nootka na illa de Vancouver, que se acabou convertendo nunha crise internacional que puxo a británicos e españois ao bordo dunha guerra, pero que finalmene se resolveu pacificamente por medios diplomáticos coa sinatura das Convencións de Nootka.

Debido ao papel central que tivo Colnett no incidente inicial que orixinou a crise internacional, o relato de Colnett da súa segunda viaxe de comercio, incluíndo os episodios do estreito de Nootka de 1789, publicouse en 1940, como parte da Serie Xeral da Sociedade Champlain. O seu diario da primeira viaxe de comercio non se publicou ata 2005.

Primeira etapa da súa vida

Colnett naceu en Devon en Devonport en 1753, e foi bautizado o 18 de outubro na igrexa parroquial de Stoke Damerel, Plymouth. Os seus pais foron James e Sarah (nacida Lang) Colnett. Tiveron dous fillos e dúas fillas. Sábese moi pouco da súa vida ata que se enrolou na Royal Navy como mariñeiro fisicamente capaz en 1770.

Colnett uniuse á Royal Navy en xuño de 1770, servindo inicialmene como mariñeiro fisicamene capaz a bordo do HMS Hazard, e despois do HMS Scorpion como gardamariña baixo o mando do tenente James Cook de setembro a decembro de 1771, cando tanto Cook coma Colnett se trasladaron ao barco HMS Resolution. Colnett serviu como gardamariña na segunda viaxe polo océano Pacífico entre 1772 e 1775. Despois de volver a Inglaterra en 1775, Colnett continuou servindo na Royal Navy durante a guerra da independencia americana, sendo nomeado artilleiro a bordo do HMS Juno o 1 de xaneiro de 1776 e despois mestre (master) do HMS Adventure. Ascendeu de rango, pasando o seu exame de tenente o 4 e febreiro de 1779, e dez días despois, o 14 de febreiro, nomeárono tenente terceiro do HMS Bienfaisant.Voyage to the Northwest Side of America, p. 3 Estivo no Bienfaisant ata 1783, cando pasou ao HMS Pegase como tenente primeiro. O 17 de agosto de 1786 cobraba media paga, xa que o traballo dos oficiais navais diminuíra despois do final das hostilidades.

Entre 1786 e 1791 Colnett dirixiu dúas aventuras de comercio de peles privadas. Coa aprobación da Royal Navy e un permiso de ausencia déronlle primeiro o mando dunha expedición de dous barcos para o comercio de peles na costa noroeste do Pacífico, Hawai e a China. Os buques eran o Prince of Wales e o Princess Royal. Despois, organizouse unha segunda expedición cos barcos Argonaut e Princess Royal. A segunda expedición culminou na crise de Nootka. A primeira viaxe fíxoa co patrocinio da King George's Sound Company de Londres, primeiramene coñecida como Richard Cadman Etches e Company, que era propietaria dos barcos. O segunda era unha empresa mixta formada pola King George's Sound Company e John Meares e os seus socios. Ambas as compañías estaban explorando a posibilidade de obter peles de londras mariñas na costa noroeste do Pacífico, por medio do comercio cos pobos indíxenas, e despois vendelas na China. A idea tivo a súa orixe na terceira viaxe de Cook, durante a cal as peles de londras mariñas conseguidas en América, desde o estreito de Nootka para norte, eran vendidas a alto prezo e con gran proveito en Cantón.A Voyage to the North West Side of America: The Journals of James Colnett, 1786-89 (book review) , Journal for Maritime Research

Primeira viaxe de comercio de peles, 1786-1788 Durante o seu primeiro emprendimento de comercio de peles Colnett estaba ao mando dunha expedición de dous barcos. Colnett era capitán do barco de 171 toneladas Prince of Wales. O segundo barco era un veleiro tipo sloop de 65 toneladas chamado Princess Royal capitaneado por Charles Duncan. Os barcos eran propiedade da King George's Sound Company, ou Richard Cadman Etches and Company, e operaba con licenza da South Sea Company e a Compañía das Indias Orientais, que tiña o monopolio do comercio británico no océano Pacífico.The Journal of Captain James Colnett aboard the Argonaut, p. xxi Ambos os barcos deixaron Inglaterra o 23 de setembro de 1786, rodearon o cabo de Hornos e chegaron ao Noroeste do Pacífico a finais do verán de 1787. Despois de comerciar con peles cos pobos indíxenas na veciñanza do arquipélago de Haida Gwaii, illa Aristazabal e illa Banks, Colnett e Duncan navegaron ás illas Hawai, onde pasaron o inverno. Mentres estiveron na costa do que hoxe é a Columbia Británica tiveron varios encontros de primeiro contacto con algúns dos tsimshian kitkatla. En Hawai estiveron implicados en conflitos violentos con nativos, entre eles un na baía de Waimea, durante a cal mataron entre cinco e catorce nativos hawaianos.Voyage to the Northwest Side of America, pp. 9, 11, 17, 62, 99, 263-264, 32

Durante a súa viaxe, Colnett foi o primeiro europeo en ver partes do sur de Haida Gwaii. Juan Pérez visitara o norte de Haida Gwaii en 1774, pero non desembarcou. Colnett e a sú tripulación foron algúns dos primeiros europeos en poñer o pé nas illas. Tamén foron os primeiros exploradores británicos en contactar cos tsimshian e o pobo heiltsuk do sur.Colnett, James, ABCBookWorld

Aínda que o seu principal interese era obter peles de londras mariñas, Colnett explorou a complexa liña de costa en detalle, aparentemente coa esperanza de atopar o lendario paso do Noroeste. O seu diario conta con doce mapas de varias canles, portos, abras e outras características da costa.

Despois de pasaren o inverno de 1787–88 en Hawaii, Colnett e Duncan tornaron ao noroeste do Pacífico para adquiriren máis peles. Unha vez na costa tomaron distintos camiños e operaron separadamente, a diferenza do ano anterior no que permaneceron en compañía. Despois de comerciar durante o verán, Charles Duncan dirixiuse ao sur cara ao estreito de Nootka. Antes de chegar soubo polo seu socio comerciante de peles John Meares que Colnett non estaba en Nootka. Por tanto, Duncan non parou alí senón que continuou comerciando en peles ao sur do estreito de Nootka, na veciñanza do estreito de Clayoquot e preto da entrada do estreito de Juan de Fuca. En agosto de 1788 Duncan navegou co Princess Royal ata Hawai, onde atopou a Colnett e ao Prince of Wales. Xuntos navegaron a Cantón, China, arribando a finais de novembro de 1788. Venderon alí o seu cargamento de peles de londras mariñas. O Prince of Wales regresou a Inglaterra polo cabo de Boa Esperanza, pero James Colnett permaneceu na China. O Princess Royal tamén permaneceu para realizar unha segunda viaxe de comercio peleteiro que empezaría o seguinte ano. A Colnett déronlle o mando doutra expedición de dous barcos. O Argonaut quedou ao mando de Colnett, e o Princess Royal ao de Thomas Hudson.

Segunda viaxe de comercio de peles, 1789-1791

Durante o tempo que durou a primeira viaxe de Colnett, outros dous barcos británicos, propiedade de John Meares e os seus socios, estaban comerciando na costa noroeste. Meares escollera non pagar por licenzas da Compañía das Indias Orientais e a Compañía dos Mares do Sur, e en vez diso esforzouse por esconder a súa conduta de barco ilegal usando a bandeira portuguesa. Durante o inverno de 1788-89 os propietarios dos catro barcos decidiron formar unha empresa conxunta baixo a protección de licenzas, aínda que a licenza da Compañía dos Mares do Sur se aplicaba soamente ao Prince of Wales e ao Princess Royal. A empresa conxunta non tiña un nome; Meares chamouna con nomes diversos como "Os Mercdores Asociados de Londres e a India" ou "A Compañía Unida de Mercadores Británicos que Comercian na Costa Noroeste de América". Colnett chamouna "Compañía dos Mares do Sur de Londres". Referíanse a ela informalmente como "esta Compañía unida". Colnett mercou un barco en Macau, e chamouno Argonaut. Tiña un carga dunas 120 toneladas, e fora rexistrado en Calcuta.

A inicios de 1789 a Colnett déronlle o mando da empresa conxunta que funcionaría como un todo. Como capitán do Argonaut deulle o mando do seu buque nodriza, o Princess Royal, a Thomas Hudson. O obxectivo desta empresa mixta non era simplemente enviar barcos á costa noroeste senón tamén establecer un posto de comercio permanente no esteito de Nootka, que se chamaría Fort Pitt.The Journal of Captain James Colnett aboard the Argonaut, p. xxi-xxii, 17 Meares afirmaba que lle comprara a terra ao xefe Maquinna do pobo nuu-chah-nulth (Nootka). O posto podía construírse nas terras de Meares. Posteriormente, a cuestión de se Meares comprara realmente a terra a Maquinna foi un asunto polémico. Mesmo no caso de que a comprara, seguía habendo cuestións irresolubles sobre a extensión da terra comprada nese lugar. Co tempo, o xefe Maquinna negou que se fixera tal compra, dicindo, ao contrario, que os españois eran os únicos con pretensións lexítimas sobre as terras do estreito de Nootka. Meares, unha das forzas principais da empresa, esperaba que un posto permanente no estreito de Nootka establecería ao seu propio dominio no lucrativo comercio de peles. Porén, antes da arribada dos barcos británicos xa chegaran alí forzas españolas que ocuparon o porto e levantaron o seu propio forte. No momento da chegada do Argonaut de Colnett ao estreito de Nootka, a primeira fase da crise xa comezara. Os españois tomaran control do porto e capturaran a Douglas e o seu barco.

Crise de Nootka

Introdución