Luis Ildefonso Peleteiro Ramos é un profesor galego, o director do colexio Manuel Peleteiro.
Traxectoria
Fillo de Manuel Peleteiro e Dolores Ramos Fernández, fundadores en 1951 da Academia Minerva. Tras o falecemento de seu pai en 1965, a súa nai tomou o cargo de directora da academia, decidindo mudarlle o nome a Colexio Manuel Peleteiro na súa honra. Tras a súa morte, o colexio pasou ás mans de Luis e mais o seu irmán, Manuel Felipe, quen deixou o seu cargo en 2002. En 2026, baixo a súa dirección, o colexio pasou a formar parte do grupo Globeducate.
Vida persoal
Xunto con María del Mar Rosón Ferreiro é pai de Diego Peleteiro, director adxunto do centro educativo, e María Peleteiro Rosón.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes