A risa, o riso, a risada ou as gargalladas son o acto de rir constante ou intensamente; son unha expresión facial, xeralmente unha reacción involuntaria a certos estímulos externos ou internos. A forma máis suave da mesma é o sorriso, que entre os humanos é unha expresión que indica pracer, sociabilidade e felicidade, sendo entendido do mesmo xeito nas diversas culturas, etnias e relixións.

Non deben ser confundidas con outras expresións semellantes, mais involuntarias, que denotan nervosismo ou ansiedade.

O estudo do humor e o riso e os seus efectos psicolóxicos e fisiolóxicos no corpo humano chámase xelotoloxía.

Orixe e utilidade A risa pode xurdir de actividades divertidas ou cómicas, ou de historias ou pensamentos humorísticos. Normalmente, considérase unha expresión visual dunha serie de estados emocionais positivos como a alegría, a felicidade, o alivio etc. Non obstante, nalgunhas ocasións, pode ser causada por estados emocionais contrarios como a vergoña, a desculpa ou a confusión (risa nerviosa) ou a educación. miniatura|Home rindo a gargalladas.|esquerda Factores como a idade, o sexo, a educación, a lingua e a cultura son factores determinantes para que unha persoa experimente a risa nunha situación determinada.

O riso é unha parte do comportamento humano regulada polo cerebro, que axuda aos humanos a clarificar as súas intencións na interacción social e proporciona un contexto emocional para as conversas. Úsase como sinal de pertenza a un grupo, indicando aceptación e interaccións positivas cos demais. Ás veces considérase contaxioso, e o riso dunha persoa pode provocar o sorriso doutras como unha retroalimentación positiva. Isto pode explicar en parte a popularidade e os efectos situacionais das risas enlatadas nas comedias de televisión.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Comedia Chiste Humor Ledicia Risoterapia Sorriso

Categoría:Emocións