Carlos Amado, nado en Vilariño (O Hío, Cangas) en 1968, é un escritor galego.
Traxectoria
Deuse a coñecer como poeta nos anos noventa: O redello que tece a terra. Publicou tamén recensións culturais e ensaios de historiografía musical na Revista das Letras. Fundou a plataforma Musicadora, centrada na cultura dixital e na música de síntese.
Entre 2018 e 2025 organizou a programación de eventos no Aturuxo, en Bueu. Despois pasou a exercer de taberneiro no Rapeta, no Hío.
En 2026 publicou o libro de poemas Monte aberto.
Obras
Monte aberto (2026). Santiago: Chan da Pólvora. 67 páxs. ISBN 979-1399117066. O título do libro de poesía fai referencia a un espazo comunal, un lugar sen propiedade onde os corpos se entregan libremente ao coñecemento.
Edición
miniatura|Fernando Miranda, Carlos Amado, Míriam Ferradáns e Antón Lopo no Bar Aturuxo de Bueu na presentación de Monte aberto da man de Libraría MirandaSELECTRONIC.GAL Guía dos seareir@s da electrónica galega (2010). Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Turismo, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Sistematiza o corpus da produción musical electrónica en Galicia.
Notas
Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia