O Observatorio de Aves de Whitefish Point (WPBO polas súas siglas en inglés) está localizado no condado de Chippewa, Míchigan, Estados Unidos, situado a carón da Unidade de Whitefish Point do Refuxio Naconal de Vida Silveste Seney. Funciona como unha instalación de investigación e filial de educación sen ánimo de lucro da Sociedade Audubon de Míchigan. A Sociedade e o Observatorio en conxunto rexistraron unhas 300 especies de aves en Whitefish Point. Como unha das redes de observatorios de aves da Rede de Monitorización da Migración Canadense, o Observatorio documenta a poboación de aves da rexión dos Grandes Lagos por medio do anelado de aves, recollida de datos e estudos de investigación.
Historia
Os observadores de aves da Ontario Bird Banding Association e o Cranbrook Institute of Science puxeron en práctica un programa de anelamento de falcóns en primavera en 1966 en Whitefish Point que despois foi ampliado á vixilancia da migración dos mouchos/bufos. Este proxecto durou de 1966 a 1971 e foi o predecesor do Observatorio de Aves de Whitefish Point., 4,5,7,9,15,16.
A Audubon de Míchigan formou un Comité de Whitefish Point en 1976 para obter o permiso para acceder á Estación do Faro de Whitefish Point da Garda Costeira dos Estados Unidos excepto ao faro automatizado e á bucina de néboa. O Observatorio de aves establecuese en 1978 como organización sen ánimo de lucro mantida con cotas dos membros, doazóns e regalos, servizo voluntario e bolsas de institucións privadas e gobernamentais.
O Obsevatorio empezou a facer a monitorización anual das migracións de primavera comezando en 1979. En 1989 ampliouse para incluír tamén as migracións de outono e actividades adicionais interpretativas e de investigación. En 1998, a Audubon de Míchigan recibiu unha land patent federal (~dereitos de propiedade) para 2,69 acres (0,0109 km2) dos terreos da vella estación do faro, que agora é xestionada polo Observatorio para actividades de investigación e educativas.
Debido á exposición dos investigadores ao tempo climatolóxico extremo do lugar, o Observatorio adoptou os procedementos dos observatorios de aves de Gran Bretaña que usaban pequenas construcións ao longo dos puntos rochosos da costa onde as persoas podían permanecer para monitorizaren as aves migrantes e faceren rexistros e informes das observacións nas estacións durante a migación. O Observatorio colaborou coa Audubon de Míchigan rexistrando unhas 300 especies de aves en Whitefish Point.
Características miniatura|esquerda|200 px|Dunas e praias de area e pedras de Whitefish Point. A American Bird Conservancy designou Whitefish Point como Área de Aves Importante Globalmente. As características das terras e augas de Whitefish Point crean un corredor natural que canaliza miles de aves durante as migracións de primavera e outono, proporcionando oportunidades únicas para os programas de investigación, educación e conservación. A aguia real, o falcón peregrino, o esmerillón, o o moucho boreal, as avelaionas nebulosas, a mobella pequena, o mergullón cincento, os mourelos e palleiras son só algunhas das aves que se poden ver durante a migración.
Miles de aves utilizan Whitefish Point como hábitat de parada fundamental para cargar reservas de enerxía antes de aventurarse a atravesar o lago Superior durante as migracións primaverais e outonais. Un estudo do Observatorio atopou a maior densidade de aves terrestres migantes a un raio de 1,5 km de Whitefish Point, con maiores densidades ao longo da costa que en lugares do interior.
A píllara declarada federalmente como en perigo Charadrius melodus fixo o seu retorno anual a Whitefish Point por primeira vez en 23 anos cando unha parella nidificante criou tres polos alí en 2009. En 2012, confirmáronse tres niños destas píllaras en Whitefish Point. As praias de escasa vexetación de area e pedras de Whitefish son ideais como terreos de reprodución desta píllara. O Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos designou aproximadamente 2,5 km da liña de costa de Whitefish Point como hábitat crítico para esta ave, dándolle protección baixo a Lei de Especies en Perigo Federal en Whitefish Point.
Programas de investigación
Persoal e voluntarios O Observatorio ten un persoal contratado durante a migración que inclúe un ornitólogo de campo, dous aneladores de mouchos, un contador de aves acuáticas, un contador de buxatos/falcóns e un dependente da tenda de regalos. Os observadores de aves experimentados dirixen excursións a algúns dos "puntos quentes" para a observación de aves de Míchigan. Unha recadación de fondos anual chamada "Spring Fling" celebra a migración de aves en Whitefish Point.
Censo de rapaces diúrnas O persoal profesional documenta a migración de buxatos, falcóns e aguias que proporciona datos comparativos para a monitorización a longo prazo das poboacións de aves rapaces. O Censo de Rapaces diario é realizado desde "Hawk Dune", que está uns 200 m ao oeste do Faro de Whitefish Point e a uns 20 m sobre o nivel do lago Superior.
Os aneladores de rapaces con licenza do Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos (USFWS) "atraen as aves no ceo ás redes case invisibles. Todas as aves son liberadas inmediatamente despois de seren aneladas e os detalles rexístranse nunha folla de rexistro oficial na que se indican a data, o tempo, a localización e a especie de ave, idade e sexo."Filkens, Kenn. (9 de maio de 2004.) "Stan Marcus: 40 years of banding hawks at Whitefish Point." Evening News, p. 1 B. Os investigadores informan que o aumento da captura de esmerillóns en Whitefish Point en 2004 foi "un indicador ambiental de que os esmerillóns regresaran (despois da prohibición do pesticida DDT)."
Mouchos O Observatorio realiza o anelado de primavera e outono de mouchos migrantes usando redes de néboa, así como un estudo estival da dispersións dos exemplares novos do moucho Aegolius acadicus en Whitefish Point
O proxecto de anelado de 20 anos aumentou recentemente o número de mouchos anelados, que se multiplicou por oito coa adición de reclamos sonoros que se usan para emitir as chamadas dos mouchos. Os mouchos son capturados en redes especiais de 3 m de altura por 7,6 m de largo estendidas en claros entre as árbores. Rexístranse os datos de cada anelamento e os mouchos son despois liberados.Schneider, Kim. (15 de xuño de 2008.) “To the Point: Seeing mysterious owls of the eastern U.P. a hoot.” The Flint Journal, p. F2.
Os investigadores informaron que "case un terzo dos mouchos boreais anelados en América do Norte fórono polo WPBO. ... O recente éxito das tres tempadas de investigación dos mouchos empezou ao documentar que, anualmente, Whitefish Point pode perfectamente albergar a migración de mouchos maior e máis diversa de América do Norte."Neri, Chris. (Spring – Summer 2008) “Spring owl banding at the point.” The Migrant, 25(4). 2–3.
Aves acuáticas Whitefish Point é un punto importante para documentar e monitorizar os movementos de aves acuáticas nos Grandes Lagos superiores. A Audubon Society informa que "entre 18.000 e 21.000 mergullóns cincentos pasan por ese punto cada outono, representando aproximadamente o 25–40 % da poboación estimada de América do Norte." Outras contaxes significativas en Whitefish Point son as da mobella grande, o mergo cristado, o carrán común e a gaivota de Bonaparte.
A contaxe de aves acuáticas realízase durante as migracións da primavera e outono na praia preto da punta de Whitefish Point. A contaxe diaria durante oito horas empeza á saída do sol e algunhas das maiores cantidades de aves aparecen cando hai tempo inclemente, pero as néboas frecuentes en Whitefish Point fan difícil contalas nestas condicións.
Aves costeiras miniatura|250px|A píllara Charadius melodus en Whitefish Point Por primeira vez en 23 anos, a píllara Charadius melodus nidificou en Whitefish Point e conseguiu criar descendencia en 2009. En 2012, confirmáronse tres parellas nidificantes en Whitefish Point que criaran con éxito 11 polos. En 2010, a National Fish and Wildlife Foundation concedu unha bolsa de 150.000 dólares á Universidade do Estado do Lago Superior para monitorizar intensamente estas píllaras nidificantes en Vermilion, Whitefish Point, e outras áreas da costa da Península Superior Oriental. A USFWS designou a liña de costa desde Whitefish Point a Grand Marais, Míchigan, como hábitat crítico para esta píllara. A poboación dos Grandes Lagos de C. melodus está illada e é extremadamente vulnerable a unha desaparición total da rexión dos Grandes Lagos. O 30 de agosto de 2012, a USFWS engadiu 8,03 ha e máis de 300 m de liña de costa do Lago Superior como hábitat crítico para o C. melodus á Unidade de Whitefish Point do Refuxio Nacional de Vida Silvestre Seney.
Aves canoras O Observatorio realiza un programa de censo para documentar os paseriformes migrantes no Point, así como as poboacións de aves canoras na Prnínsula Superior, centrándose especialmente en especies raras e migrantes neotropicais. O censo diario de aves canoras combínase cos de buxatos/falcóns e aves acuáticas "para producir un total estimado diario para todas as especies que migran a través de Whitefish Point."
Rede de Monitorización da Migración Canadense O Observatorio de Aves de Whitefish Point é o único nos Estados Unidos da Rede de Monitorización da Migración Canadense. Esta rede norteamericana de estudos en observatorios, rastreos, procesa e comparte enormes volumes de datos sobre aves migrantes que pasan do Atlántico ao Pacífico que mostran unha 'grande imaxe' do que están facendo as poboacións de aves a través da metade norte de América do Norte."
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Audubon – Whitefish Point Important Bird Area Canadian Migration Monitoring Network Michigan Audubon Anelado de bufos en Whitefish Point Whitefish Point Bird Observatory—Migración de falcóns Whitefish Point Bird Observatory—Bufos Whitefish Point Bird Observatory—Investigación dos bufos Whitefish Point Bird Observatory—Avistamentos Whitefish Point Bird Observatory—Aves acuáticas Whitefish Point Unit of Seney National Wildlife Refuge
Categoría:Observatorios de aves Categoría:Reservas naturais