A Casarota do Fusiño é un dolmen situado na parroquia de Lampón, no concello de Boiro, na serra do Barbanza..

Descrición O dolmen estaba recuberto orixinalmente por unha mámoa duns 21 x 16 m, cuxos restos aínda se aprecian. Está formado por once ortóstatos que precedían e rodeaban a cámara funeraria poligonal. A losa superior está caída.

Xunto coa Arca do Barbanza e a Casota do Páramo é un dos tres maiores dolmens da contorna. Non obstante, fica illada doutras necrópoles próximas, e non se incluíu na Ruta das Mámoas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de megálitos de Galicia

Categoría:Dolmens de Galicia Categoría:Boiro