Xosé Ramón Ermida Meilán, tamén coñecido como Moncho Ermida, nado en Foz en 1973, é un historiador galego.

Traxectoria

É investigador e autor de investigacións sobre a represión franquista, a guerrilla antifranquista, a historia do nacionalismo galego e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Ten colaborado en Nós Diario e Terra e Tempo.

Foi portavoz do BNG na corporación municipal de Foz e tamén asesor da Consellería de Innovación e Industria con Fernando Blanco.

Obras Mortos por amor á Terra. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950) (2016). Arts&Press, Sermos Galiza. ISBN 978-84-608-9788-0.

A batalla pola nación. Historia da creación e da consolidación da Unión do Povo Galego (Volume I) (2026). Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. ISBN 978-84-09-87232-9.

miniatura|O alcalde de Carballedo Julio Yebra-Pimentel, Anxo González Guerra, Uxío-Breogán Diéguez, Frank A. Domínguez (neto do homenaxeado) e Moncho Ermida. Homenaxe a Francisco Domínguez Mosquera na Barrela en 2022, organizada por Hita Gómez (O Garabullo).

Libros colectivos Os nomes do terror (2017). Publicacions de la Universitat de València. ISBN 978-84-697-4726-1. Dionisio Pereira, coord.

Rebeldía galega contra a inxustiza (2018). Sermos Galiza; De Nós. ISBN 978-84-09-00203-0. Con Xosé Álvarez Castro, Eliseo Fernández Fernández, Francisco Rodríguez Sánchez, Lucía Veciño Souto, Xan Fraga Rodríguez, Xosé Manuel Suárez Estévez. VII Xornadas da Historia de Riotorto. Os segadores da Órrea en terras de Castela: unha historia de heroes. Os foucins de Riotorto nas segas castelás. Entre dous bandos: conflicto,represión e resistencia en Riotorto (2019). Asociación Cultural Arrincadeira. ISBN 978-84-09-17021-0. Con Carlos Veiga García e José Manuel Salgado Mosquera. Os reis e as Raíñas da Galiza. Mil anos dun reino de seu (2023). Sermos Galiza; De Nós. Monografías con perspectiva galega. ISBN 978-84-09-45637-6. Con Alexandre Peres Vigo e Heitor Picallo Fontes. Nación Otero. Unha interpretación integral da Galiza (2026). Sermos Galiza. ISBN 978-84-09-84817-1. Carme Fernández Pérez-Sanjulián, coord.

Notas

Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1973

Categoría:Concelleiros de Foz

Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG

Categoría:Historiadores de Galicia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega