O hórreo de Carnota é unha construción para gardar alimentos situada na parroquia de Santa Comba de Carnota (Carnota).

Descrición O hórreo sitúase a carón da igrexa de Santa Comba de Carnota, á cal estivo vencellado. Construíuse en 1768 con 11 pares de pés, e en 1783 engadíronselle outros 11. Adscríbese ao denominado hórreo tipo Noia, construído en granito. Mide 34,76 x 1,9 m. De planta rectangular, presenta cámara cerrada con filas horizontais que deixan entre elas rañuras para a ventilación. Nun dos lados ten tres portas e está rematado con pináculos de estilo barroco e unha cruz sentada sobre unha bóla.

Está protexido polo Decreto 449/1973 de protección de hórreos e cabazos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hórreo de Lira Hórreo galego

Carnota Categoría:Carnota