En xeoloxía, unha localidade tipo ou área tipo é a localidade xeográfica ou área pola cal foi nomeada unha determinada rocha tipo, unidade estratigráfica ou especie mineral. Contén o estratotipo (sección tipo) ou afloramentos expostos especialmente ben perservados apropiados para un posterior estudo máis amplo da rocha, unidade estratigráfica ou mineral.Salvador, A. ed., 1994. International stratigraphic guide: a guide to stratigraphic classification, terminology, and procedure. 2ª ed. Boulder, Colorado, The Geological Society of America, Inc., 215 pp. .

O concepto é similar ao sitio tipo en arqueoloxía.

Exemplos de localidades tipo xeolóxicas Rochas e minerais Aragonita: Molina de Aragón, Guadalaxara, España Autunita: Autun, Francia Benmoreíta: Ben More (Mull), Escocia Blairmorita: Blairmore, Alberta, Canadá Boninita: illas Bonin, Xapón Comendita: Comende, Illa San Pietro, Sardinia Cummingtonita: Cummington, Massachusetts Dunita: Dun Mountain, Nova Zelandia Essexita: Condado de Essex, Massachusetts, Estados Unidos Faialita: Horta, illa Faial, Azores, Portugal Harzburgita: Bad Harzburg, Alemaña Islandita: Thingmuli (Þingmúli), Islandia Ijolita: Iivaara, Kuusamo, Finlandia Kimberlita: Kimberley, Northern Cape, África do Sur Komatiita: río Komati, África do Sur Labradorita: illa Paul, Labrador, Canadá Lherzolita: Étang de Lers, France (a ortografía antiga era: Étang de Lherz.) Mimetita: Treue Freundschaft Mine, Johanngeorgenstadt, Alemaña Mugearita: Mugeary, Skye, Escocia Mullita: illa de Mull, Escocia Pantellerita: Pantelleria, illa preto de Sicilia Portlandita: Scawt Hill, Ballygalley, Larne, condado de Antrim, Irlanda do Norte Rodingita: río Roding, Nova Zelandia Sovita: Norsjø, Noruega estroncianita: Strontian, Escocia (tamén poloelemento estroncio obtido do mineral) Temagamita: Copperfields Mine, Temagami, Ontario, Canadá Tilleyita: Crestmore Quarry, Condado de Riverside, California Tonalita: Paso do Tonale, norte de Italia Trondhjemite: Follstad, Støren, Noruega Uraninita: Joachimsthal, Austria-Hungría (agora Jáchymov, República Checa) Websterita: Webster, Carolina do Norte, Estados Unidos. Widgiemoolthalita: Widgiemooltha, Australia Occidental, Australia Ytterbita (tamén chamada gadolinita): Ytterby, Suecia

Formacións Como exemplo ofrecemos algunhas localidades tipo de formacións xeolóxicas: Formación Bearpaw: Montañas Bear Paw, Montana, Estados Unidos Burgess Shale: Paso Burgess en Mount Burgess, Alberta–Columbia Británica, Canadá Calvert Formation: Calvert Cliffs State Park, Maryland, Estados Unidos Temple Butte Formation: Temple Butte, Grand Canyon, Estados Unidos Formación Areas Verdes Superior: Weald, Sussex, Hampshire Morea de lama de Waulsort: Waulsort, Namur, Bélxica

Notas

Véxase tamén Outros artigos GSSP Espécime tipo (bioloxía) Espécime tipo (mineraloxía)

Categoría:Estratigrafía