é un físico, meteorólogo e climatólogo xaponés–estadounidense, pioneiro no uso de computadores para simular o cambio climático global e as variacións naturais do clima. Foi galardoado co Premio Nobel de Física de 2021 xunto con Klaus Hasselmann e Giorgio Parisi, polas súas contribucións á modelización física do clima da Terra, a cuantificación da súa variabilidade e as predicións do cambio climático.

Traxectoria

Primeiros anos e educación Naceu en 1931 na aldea de Shinritsu, no distrito de Uma, Ehime, Xapón. Tanto o seu avó como o seu pai eran médicos e rexentaban a única clínica da aldea. Un compañeiro de clase lembraba que, xa na escola primaria, estaba "interesado polo tempo atmosférico", facendo comentarios como: '"Se Xapón non tivese tifóns, non teriamos tanta choiva."

Manabe asistiu á Ehime Prefectural Mishima High School. Cando foi admitido na Universidade de Tokyo, a súa familia esperaba que estudase medicina, pero segundo el, "sempre que hai unha emerxencia, o sangue súbeme á cabeza, así que non sería un bo médico".

Ademais, afirmou: "Tiña unha memoria horrible e era moi torpe coas mans. Pensei que a miña única boa calidade era mirar ao ceo e perderme nos meus pensamentos". Uniuse ao equipo de investigación de Shigekata Shono (1911–1969) e especializouse en meteoroloxía.

Manabe obtivo un BA en 1953, un MA en 1955 e un DSc en 1958, todos eles na Universidade de Toquio.Syukuro Manabe: Curriculum Vitae short version – sitio web OpenScholar da Universidade de PrincetonDr. Syukuro Manabe receives Nobel Prize in Physics – sitio web da Facultade de Ciencias da Universidade de Tokyo

Carreira Despois de rematar o doutoramento, Manabe trasladouse aos Estados Unidos para traballar na Sección de Investigación da Circulación Xeral do Servizo Meteorolóxico dos Estados Unidos, actualmente o Geophysical Fluid Dynamics Laboratory da NOAA, onde permaneceu ata 1997. Entre 1997 e 2001 traballou no Frontier Research System for Global Change do Xapón como director da División de Investigación sobre o Quecemento Global.

En 2002 regresou aos Estados Unidos como investigador colaborador visitante no Programa de Ciencias Atmosféricas e Oceánicas da Universidade de Princeton. Actualmente exerce como meteorólogo sénior na universidade.

Tamén foi profesor especialmente convidado da Universidade de Nagoya desde decembro de 2007 ata marzo de 2014.

Logros científicos Traballando no Geophysical Fluid Dynamics Laboratory da NOAA, primeiro en Washington D.C. e posteriormente en Princeton, New Jersey, Manabe colaborou co director Joseph Smagorinsky para desenvolver modelos tridimensionais da atmosfera.

Como primeiro paso, Manabe e Wetherald (1967) desenvolveron un modelo unidimensional da atmosfera, cunha única columna, en equilibrio radiativo-convectivo e cun efecto de retroalimentación positiva do vapor de auga.

Empregando este modelo, descubriron que, como resposta aos cambios na concentración atmosférica de dióxido de carbono, a temperatura aumenta na superficie terrestre e na troposfera, mentres que diminúe na estratosfera. O desenvolvemento do modelo radiativo-convectivo foi un paso de importancia crítica cara ao desenvolvemento dun modelo xeral de circulación atmosférica completo (Manabe et al., 1965). Empregaron este modelo para simular por primeira vez a resposta tridimensional da temperatura e do ciclo hidrolóxico a un aumento do dióxido de carbono (Manabe e Wetherald, 1975). Tamén en 1969, Manabe e Bryan publicaron as primeiras simulacións do clima mediante modelos acoplados océano-atmosfera, nos que o modelo xeral de circulación da atmosfera se combinaba co do océano.

Ao longo da década de 1990 e comezos da de 2000, o grupo de investigación de Manabe publicou traballos fundamentais empregando modelos acoplados atmosfera-océano para investigar a resposta temporal do clima aos cambios nas concentracións atmosféricas de gases de efecto invernadoiro (Stouffer et al., 1989; Manabe et al., 1991 e 1992). Tamén aplicaron estes modelos ao estudo dos cambios climáticos do pasado, incluído o papel da entrada de auga doce no Atlántico Norte como posible causa do denominado cambio climático abrupto que aparece rexistrado nos datos paleoclimáticos (Manabe e Stouffer, 1995 e 2000).Manabe, S. e A. J. Broccoli. 2020. Beyond Global Warming: How Numerical Models Revealed the Secrets of Climate Change. Princeton, NJ: Princeton University Press.

Premios e recoñecementos thumb|200px|Retrato de Manabe (publicado polo Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía cando recibiu a Orde da Cultura)

Manabe é membro da United States National Academy of Sciences, e membro estranxeiro da Academia do Xapón, da Academia Europaea e da Royal Society of Canada.

En 1992, Manabe converteuse no primeiro destinatario do Premio Planeta Azul da Fundación Asahi Glass. En 1995 recibiu o Premio Asahi da Fundación Cultural Asahi. En 1997 foi galardoado co Premio Ambiental Volvo da Fundación Volvo. En 2015 recibiu a Medalla Benjamin Franklin do Franklin Institute.

Manabe tamén foi distinguido coa Carl-Gustaf Rossby Research Medal, o premio Second Half Century e o premio Clarence Leroy Meisinger da American Meteorological Society. Ademais, recibiu a Medalla William Bowie e a Medalla Revelle da American Geophysical Union, e en 1998 recibiu a Milutin Milankovic Medal da Unión Europea de Geociencias.

O traballo de Manabe e Bryan no desenvolvemento dos primeiros modelos climáticos globais foi seleccionado como un dos dez avances máis importantes producidos nos primeiros 200 anos da NOAA. En homenaxe á súa xubilación da NOAA e do Geophysical Fluid Dynamics Laboratory(GFDL), celebrouse unha reunión científica de tres días en Princeton, Nova Jersey, en marzo de 1998: Understanding Climate Change: A Symposium in honor of Syukuro Manabe. A reunión anual de 2005 da Sociedade Meteorolóxica Americana incluíu un simposio especial dedicado a Suki Manabe.

Xunto co climatólogo James Hansen, Manabe recibiu o BBVA Foundation Frontiers of Knowledge Award na categoría de Cambio Climático na novena edición dos premios (2016). Ambos os galardoados foron responsables, de maneira independente, da construción dos primeiros modelos computacionais capaces de simular o comportamento do clima. Hai décadas, predixeron correctamente canto aumentaría a temperatura da Terra debido ao incremento do CO2 atmosférico. Os numerosos modelos empregados actualmente para estudar a evolución climática derivan dos desenvolvidos por Manabe e Hansen.

En 2018, Manabe recibiu o Crafoord Prize en Xeociencias xunto con Susan Solomon «polas contribucións fundamentais á comprensión do papel dos gases traza atmosféricos no sistema climático terrestre».

En 2021 recibiu a Orde da Cultura.

En 2022, Manabe foi recoñecido pola Carnegie Corporation of New York como un dos homenaxeados dos Premios Grandes Inmigrantes.

O Premio Nobel En 2021, a metade do Premio Nobel de Física foi compartida entre Manabe e Klaus Hasselmann «pola modelización física do clima terrestre, a cuantificación da súa variabilidade e a predición fiable do quecemento global».

Shuji Nakamura, gañador do Premio Nobel de Física de 2014, tamén orixinario da prefectura de Ehime e emigrado aos Estados Unidos, felicitou a Manabe o 6 de outubro de 2021.Archived at Ghostarchive and the :

Notas

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Científicos do Xapón Categoría:Físicos do Xapón Categoría:Premios Nobel do Xapón Categoría:Climatólogos Categoría:Meteorólogos