miniatura|Galo con diarrea verde. O cólera aviario tamén chamado cólera dos polos, pasteurelose aviaria e septicemia hemorráxica aviariaK.R. Rhoades and R.B. Rimler, Avian pasteurellosis, in "Diseases of poultry", ed. by M.S. Hofstad, Iowa State University Press, Ames, Iowa, USA ISBN 0-8138-0430-2, p. 141. é a pasteurelose máis común nas aves de curral. O axente causal é a bacteria Pasteurella multocida. As aves adultas e os polos crecidos son máis susceptibles. No galiñeiro os galos son moito máis susceptibles que as galiñas.
Ademais de a galos e galiñas, a doenza afecta tamén os pavos, patos, gansos, aves rapaces e canarios. Os pavos son especialmente sensibles, con mortalidades que chegan ao 65 %.Alberts and Graham (1948), citado en "Diseases of poultry", op. cit.
O recoñecimento desta condición patolóxica ten unha importancia cada vez maior para a súa distinción diagnóstica coa gripe aviaria. Esta doenza non ten nada que ver co cólera humano, que é debido á bacteria Vibrio cholerae.
Historia A enfermidade foi rexistrada no século XVIII. A Pasteurella multocida descubriuna o veterinario alsaciano Moritz,H. J. Hurtrel d'Arboval, Dictionnaire de médecine, de chirurgie et d'hygiène vétérinaires refondu par A. Zundel, t. 2, Paris, 1875, p. 467. logo estudárona sucesivamente Sebastiano Rivolta en 1877, Edoardo Perroncito e Semmer, veterinarios en Turín en 1878, e Henry Toussaint en Toulouse en 1879. Pasteur, L. (Obras completas, vol. 6, p. 358-369). Pasteur Œuvre tome 6 - Maladie virulentes. Virus. Vaccins. Prophylaxie de la rage (PDF) (francés).Rivolta e Semmer (ortografía Seuner) son citados polo Prof. Henri Monteil arquivo Porén, na década de 1880, Luis Pasteur illou o axente etiolóxico e separouno en cultivo puro por primeira vez, ao poñer a punto un método máis eficaz que o de Toussaint. Tamén publicou un procedemento de vacinación por atenuación con axuda do oxíxeno, que sería o primeiro exemplo de vacina viva atenuada.
Aínda que orixinalmente era unha doenza de aves de curral de Europa, rexistrouse por primeira vez en 1943-1944 en América do Norte. Desde entón, rexistráronse gromos case anualmente entre as aves silvestres. Actualmente esta enfermidade prevalece máis nas aves anátidas silvestres de América do Norte.Botzler. (1991). Epizootiology of Avian Cholera in Wildfowl. Journal of Wildlife Diseases. 27:367-395
Epidemioloxía Os gromos ocorren durante tempo frío e húmido (ao final do verán, outono e inverno). Os gromos a miúdo aparecen con posterioridade á presenza de roedores nas casas de cría. Pénsase que son eles os que espallan a doenza logo de infestarse de carcasas de aves mortas desbotadas de maneira pouco adecauda (posiblemente nos patios veciños). Unha vez que a doenza se introduce no galiñeiro, mantense mentres non se saquen todas as ves enfermas. As portadoras crónicas poden sempre dar lugar a unha reaparición da infección nas aves susceptibles.
Nas aves silvestres, a enfermidade asóciase máis comunmente con rexións de zonas húmidas. Blanchong e colaboradores determinaron que as zonas húmidas actúan como reservorios de curto prazo, ao rexistraren grandes cantidades da bacteria causante no solo e auga durante o gromo.Blanchong et al. 2006. Persistance of Pasteurella multocida in Wetlancs Following Avian Cholera Outbreaks. Journal of Wildlife Disease. 42: 33-39 Porén, as zonas húmidas non son reservorios de longo prazo. A doenza preséntase en dúas formas moi diferentes: aguda e crónica.
As aves máis comúns que padecen cólera aviario crónico, entre as aves de curral, son as que mostran un padecemento prolongado con infeccións máis localizadas. Demostráronse infeccións crónicas no ganso das neves Chen caerulescens, e crese que estes individuos son reservorios da enfermidade migrantes a longas distancias. Cando se produce a introdución da bacteria nunha poboación de aves susceptibles, aparece un gromo agudo de cólera aviario. As aves infectadas morren de seis a doce horas despois de contraeren a bacteria, e describíronse moi poucos exemplares de ganso nival doentes crónicos.Samuel et al. 2005. Avian Cholera in Waterfowl: The role of Lesser Snow Geese and Ross's Geese Carriers in the Playa Lakes Region. Journal of Wildlife Diseases Debido á asociación en densas congregacións, as anátidas son as máis habitualmente afectadas por Pasteurella multocida; porén, as aves preeiras e outras aves acuáticas son afectadas con frecuencia en grandes gromos multiespecíficos. Blanchong et al. 2006. Multi-species patterns of avian cholera mortality in Nebraska's rainwater basin. Journal of Wildlife Diseases 42: 81-91
Signos clínicos e lesións post mortem miniatura|Focos necróticos no fígado.
En casos agudos, un síntoma temperán pode ser unha diarrea verde. O síntoma máis típico, en casos crónicos, é a inflamación das carúnculas. É máis frecuente en razas locais resistentes. Máis que unha infección xeral, as infeccións localizadas son máis características. Estas ocorren a miúdo no tracto respiratorio, incluída a sinusite e os ósos pneumáticos, a articulación tarsal, o saco do esterno, as membranas dixitais, a cavidade peritoneal e os ovidutos.K.R. Rhoades and R.B. Rimler, Avian pasteurellosis, in "Diseases of poultry", ed. by M.S. Hofstad, Iowa State University Press, Ames, Iowa, USA ISBN 0-8138-0430-2, p. 141
En casos agudos, a lesión post mortem máis típica son as petequias observadas no tecido graxo do epicardio. Os focos necróticos sobre o fígado encóntranse con frecuencia e a hiperhemia xeral é común. Debido á velocidade de infección e mortalidade, as aves teñen boa condición física e non exhiben signos de padecemento prolongado.
Tratamento O tratamento máis eficiente en aves reprodutoras ou en galiñas poñedoras é a inxección intramuscular individual dunha tetraciclina de acción duradeira, simultanemente co mesmo antibiótico na auga de beber. A mortalidade e os signos clínicos desaparecen nunha semana. Pero a bacteria podería seguir presente nas aves.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cólera aviario no Merck Veterinary Manual (inglés). Exposición do profesor Henri Monteil (francés).
Categoría:Enfermidades animais