Filisco (en latín: Philiscus, en grego antigo: Φιλίσκος) foi un político grego, cidadán de Abidos. Traxectoria No ano -368 foi enviado a Grecia polo sátrapa Ariobarzanes para lograr a reconciliación entre os tebanos e os espartanos; recibiu unha cantidade considerábel de diñeiro e foi autorizado polo rei persa Artaxerxes II.

Porén, nun concilio celebrado en Delfos, non conseguiu o seu obxectivo principal, xa que os tebanos se negaron a renunciar á súa soberanía sobre Beocia e Esparta non quería recoñecer a independencia de Mesenia. Despois disto, Filisco deixou un corpo de dous mil mercenarios ao servizo de Esparta e regresou a Asia. Obtivera a cidadanía ateniense, ao igual que Ariobarzanes.

Despois apoderouse do goberno dalgunhas cidades gregas, coa suposta protección do sátrapa. Gobernou tiranicamente e foi finalmente asasinado por Terságoras e Execesto en Lámpsaco, segundo Xenofonte e Diodoro Sículo.

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes categoría:Personalidades de Abidos de Misia na Antigüidade Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -IV