A praia de Portocelo é unha praia galega localizada no municipio de Marín, na provincia de Pontevedra. Ten unha extensión de 350 metros e está localizada na ría de Pontevedra, a 7 km de Pontevedra.
Descrición É unha praia rectilínea na ría de Pontevedra, moi preto da vila de Marín. Está conectada á praia de Mogor por un paseo que atravesa o bosque de piñeiros e eucaliptos que as separa. A area é branca e fina e está protexida dos ventos, con augas calmas e axeitadas para deportes acuáticos: esquí acuático, vela, moto acuática, wíndsurf e patín de pedais.
A praia conta coa distinción de Bandeira Azul.
Acceso Desde Pontevedra, pódese tomar a estrada costeira PO-12 e PO-11 en dirección a Marín. En Marín, tómase a estrada PO-551 e, no final da área cercada da Escola Naval, a pequena estrada que leva á praia.
Galería de fotos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto. Madrid: El País-Aguilar. ISBN 978-8403509344. P. 139-140. Outros artigos Marín Ría de Pontevedra Rías Baixas Praia de Mogor Praia do Lérez Praia de Aguete
Ligazóns externas Praia de Portocelo na web Turismo de Galicia
Categoría:Bandeira Azul Portocelo