O SoFi Stadium é un recinto deportivo situado na cidade de Inglewood (área metropolitana dos Ánxeles), en California, con capacidade para 70.240 espectadores. Foi inaugurado en setembro do ano 2020, e acolle os encontros da National Football League (NFL) das dúas franquías da cidade, Los Angeles Rams e Los Angeles Chargers. O estadio recibe o seu nome pola empresa Social Finance Inc. que ten adquiridos os dereitos por 20 anos.

Entre os eventos que tiveron lugar neste estadio destacan a Super Bowl número LVI que se levou a cabo o 13 de febreiro de 2022 e na que os Los Angeles Rams derrotaron ós Cincinnati Bengals por 23-20. En 2022 o estadio foi elixido como unha das 16 sedes do Mundial de Fútbol de 2026, no que acollerá oito encontros, cinco da fase de grupos e tres da fase eliminatoria. Está previsto que a Super Bowl volva a celebrarse no SoFi Stadium o 14 de febreiro de 2027. Tamén é unha das sedes elixidas para acoller as competicións dos Xogos Olímpicos de 2028, cuxa cerimonia inaugural terá lugar neste estadio o 14 de xullo.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do SoFi Stadium

Categoría:Estadios da NFL Categoría:Los Angeles Rams Categoría:Los Angeles Chargers Categoría:Mundial de Fútbol de 2026 Categoría:Deporte nos Ánxeles