miniatura|Un exemplar no Central Park de Nova York. Spizelloides arborea é un pardal do Novo Mundo da familia Passerellidae de medio tamaño que vive en Alasca e norte do Canadá e inverna no sur do Canadá e nos Estados Unidos. É o único membro do xénero Spizelloides.
Taxonomía Describiuse primeiro en 1810 por Alexander Wilson, despois John James Audubon incluíuno na primeira edición de The Birds of America co nome Canada bunting. Inicialmente foi situado no xénero Spizella. En 2014 foi trasladado ao seu propio xénero monotípico, Spizelloides, debido á polifilia observada en Spizella e probas moleculares multiloci que suxiren que a especie é moi diverxente doutros xéneros existentes. esquerda|miniatura|257x257px
Descrición As medidas do paxaro son as seguintes:
Lonxitude: 14 cm Peso: 13–28 g Envergadura das ás: 24 cm
Os adultos teñen un píleo de cor marrón óxido e partes ventrais grises cunha pequena mancha escura no peito. O dorso é tamén marrón óxido con manchas máis claras, as ás son marróns escuras con barras brancas e ten unha cola delgada. A cara é gris cunha liña marrón óxido que atravesa o ollo. Os flancos están salferidos de marrón claro. Teñen unha aparencia similar a Spizella passerina.
Distribución e hábitat O seu hábitat reprodutor é a tundra ou o límite setentrional do bosque boreal en Alasca e norte do Canadá. Nidifican no chan. Migran ao sur do Canadá e aos Estados Unidos para pasaren o inverno.
Alimentación e comportamento Buscan alimento no chan ou en arbustos baixos, a miúdo formando bandadas cando non están nidificando. Comen principalmente sementes e insectos, pero tamén algunhas bagas. Frecuentan os comedeiros xunto con Junco hyemalis.
Reprodución Nidifican en ou preto do chan. O niño está composto de herbas finas, plumas, musgos, pauciños e cachos de casca.
Malia poñeren un ovo por día durante unha semana, a eclosión de todos os polos está sincronizada nun lapso de poucas horas. Debido a isto, todas as crías empluman e buscan comida xuntas. As parellas reprodutoras non permanecen xuntas despois da estación reeprodutora.
Vocalizacións A canción deste paxaro é un trilo alto agradable que descende en ton e faise rumbante contra o final.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Libro Naugler, C. T. 1993. American Tree Sparrow (Spizella arborea). In The Birds of North America, No. 37. (A. Poole, P. Stettenheim, and F. Gill, Eds.). Philadelphia: The Academy of Natural Sciences; Washington, DC: The American Ornithologists' Union.
Teses Heydweiller AM. Ph.D. (1936). LIFE HISTORY OF THE TREE SPARROW, SPIZELLA ARBOREA. Cornell University, United States, New York. Naugler CT. M.Sc. (1992). Effects of the acoustic environment on song structure and song recognition in the American tree sparrow (Spizella arborea). Queen's University en Kingston (Canadá), Canadá.
Artigos Cusick EK & Wilson FE. (1972). On Control of Spontaneous Testicular Regression in Tree Sparrows Spizella-Arborea. General & Comparative Endocrinology. vol 19, no 3. pp. 441–456. Delisle JM & Savidge JA. (1997). Avian use and vegetation characteristics of conservation reserve program fields. Journal of Wildlife Management. vol 61, no 2. pp. 318–325. Durairaj G & Martin EW. (1970). Fatty-Acid Composition of the Tree Sparrow Spizella-Arborea. American Zoologist. vol 10, no 3. Hannah KC. (2005). An apparent case of cooperative hunting in immature Northern Shrikes. Wilson Bulletin. vol 117, no 4. pp. 407–409. Helms CW & Smythe RB. (1969). Variation in Major Body Components of the Tree Sparrow Spizella-Arborea Sampled within the Winter Range. Wilson Bulletin. vol 81, no 3. pp. 280–292. Keiper RR. (1969). Causal Factors of Stereotypies in Caged Birds Serinus-Canarius Serinus-Mozambicus Serinus-Leucopygius Spizella-Arborea Junco-Hyemalis Cyanocitta-Cristata Rearing. Animal Behaviour. vol 17, no 1. pp. 114–119. Martin EW. (1968). The Effects of Dietary Protein on the Energy and Nitrogen Balance of the Tree Sparrow Spizella-Arborea-Arborea. Physiological Zoology. vol 41, no 3. pp. 313–331. Morrison JV & Wilson FE. (1972). Ovarian Growth in Tree Sparrows Spizella-Arborea. Auk. vol 89, no 1. pp. 146–155. Paton PWC & Pogson TH. (1996). Relative abundance, migration strategy, and habitat use of birds breeding in Denali National Park, Alaska. Canadian Field-Naturalist. vol 110, no 4. pp. 599–606. Stuebe MM & Ketterson ED. (1982). A STUDY OF FASTING IN TREE SPARROWS (SPIZELLA-ARBOREA) AND DARK-EYED JUNCOS (JUNCO-HYEMALIS) - ECOLOGICAL IMPLICATIONS. Auk. vol 99, no 2. pp. 299–308.
Ligazóns externas
Spizelloides arborea - Cornell Lab of Ornithology Spizella arborea - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
Categoría:Paserélidos Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1810