Ronja Savolainen, nada o 29 de novembro de 1997 en Helsinqui, é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo finlandesa. Xoga na posición de defensa e o seu equipo actual é o Ottawa Charge da Professional Women's Hockey League (PWHL).

A nivel de clubs Savolainen conseguiu un campionato finlandés e unha medalla de bronce coas Espoo Blues, así como seis campionatos suecos (todos eles consecutivos) co Luleå HF, e foi dúas veces finalista da PWHL co Ottawa Charge. Coa selección finlandesa gañou dous bronces olímpicos, así como cinco bronces e unha prata no Campionato do Mundo.

Traxectoria Inicios Ronja Savolainen naceu en Helsinqui (Finlandia) o 29 de novembro de 1997 nunha familia deportista. Dende moi nova practicou moitos deportes. O fútbol, que adoitaba xogar con seu pai, foi o primeiro deporte que practicou, e cando tiña entre seis e sete anos comezouse a interesar polo hóckey sobre xeo, deporte que seu pai practicara na súa xuventude. Savolainen prracticou ambas modalidades ata os 15 anos, cando se decidiu finalmente polo hóckey sobre xeo porque, segundo ele mesma, no fútbol non se permitían as entradas.

Savolainen comezou a xogar ao hóckey sobre xeo no Itä-Helsingin Kiekko (IHK) da súa cidade natal. Con todo, estivo a piques de deixar o hóckey aos 14 anos cando, xogando nun equipo de nenos do IHK, sufriu acoso por parte dos nenos do equipo, o que motivou un sentimento de soiade no equipo que lle fixo perder o interese, polo que pasou a xogar con nenos un ano máis novos. Na tempada seguinte, con 15 anos, decidiu cambiar de equipo e irse ás Espoo Blues.

Debut en categoría sénior Aos 15 anos Savolainen debutou en categoría sénior coa camisola do LoKV de Lohja na segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Mestis, onde coincidiu coa que sería compañeira súa na selección finlandesa, a porteira Anni Keisala. Na súa primeira tempada xogando con mulleres adultas foi a máxima puntuadora do seu equipo con 26 puntos (18+8) en 24 partidos, sendo tamén a máxima goleadora do LoKV ese ano. Os seus bos números, con todo, non puideron evitar o descenso do equipo de Lohja logo de rexistar unha vitoria e 13 derrotas e marcar tan só 20 goles na liga regular, e conseguir tan só catro vitorias, un empate e once derrotas, anotando só 36 goles no grupo pola permanencia, no que finalizou penúltimo.

Durante esta tempada Savolainen co equipo masculino U16 do East Hockey Club na Suomi-sarja U16, aínda que non rexistrou ningún punto no único partido que disputou co equipo de Helsinqui.

Salto á SM-sarja Savolainen cambiou a súa posición do ataque á defensa na tempada 2014-15, ano no que debutou tamén coa selección absoluta de Finlanda, conseguindo un bronce no Campionato do Mundo de 2015 celebrado en Malmö.

Na SDHL En 2016, con tan só 18 anos, fichou polo Luleå Hockey/MSSK da SDHL, que viña de gañar o campionato e tiña como obxectivo revalidar o título. Savolainen chegou ao equipo sueco sendo considerada como "un dos maiores talentos de Europa" segundo as declaracións do daquela adestrador do Luleå, Fredrik Glader.

Vida persoal Savolainen foi diagnosticada con dislexia e TDAH cando asistía á escola primaria. O diagnóstico de TDAH non foi unha sorpresa para os seus pais, xa que o seu pai Janne, tamén está diagnosticado con TDAH. En marzo de 2020 decidiu falar publicamente sobre a súa neurodiverxencia, atribuindo á súa parella, a internacional sueca Anna Kjellbin, tela animado a mostrarse aberta respecto dos seus diagnósticos.

Xunto coas xogadoas da selección finlandesa Noora Räty e Meeri Räisänen, asociouse coa empresa de copas menstruais Lunette para romper o tabú que rodea á menstruación no deporte feminino. Traballou xunto coa súa compañeira de equipo no Luleå Rebecca Stenberg na creación dunha canle de YouTube sobre a vida diaria na SDHL.

Savolainen expresou o seu apoio á folga das xogadoras da selección sueca de 2019, afirmando que "foi moi valente por parte de cada unha das rapazas que a respaldaron", e que esperaba que Suecia regresara axiña á máxima categoría da IIHF. A súa solidariedade foi criticada polo director de competición da Federación Sueca de Hóckey sobre Xeo, quen lle suxeriu que procurara outra liga na que xogar.

Logo da publicación dun informe en Unionen en xaneiro de 2020, que revelaba que o salario promedio dun xogador de hóckey da máxima categoría sueca superaba a suma de todos os salarios dun equipo da SDHL, declarou que "non o sabía que [a fodida diferenza] era tan grande. É unha merda. Estou alporizada".

Logo da cancelación do Campionato do Mundo Feminino de 2020 a causa da pandemia de COVID-19, Savolainen foi unha das varias xogadoras da selección finlandesa que tivo que buscar un segundo emprego ao non recibir a bolsa que o goberno finlandés outorgaba por participar no campionato.

En 2024 Savolainen comprometeuse coa defensa da selección sueca e daquela do Montreal Victoire Anna Kjellbin a parella coñeceuse cando ambas xogaban na SDHL, e comezaron saír en 2019.

Notas

Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Nados en 1997 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Xogadoras do Ottawa Charge Categoría:Xogadoras de Espoo Blues Naiset Categoría:Xogadoras do KJT Haukat Categoría:Xogadoras do LoKV