O AT&T Stadium é un recinto deportivo situado na cidade de Arlington (área metropolitana de Dallas), en Texas (Estados Unidos), con capacidade para 80.000 espectadores. Inaugurouse en maio de 2009 e acolle os encontros da National Football League (NFL) dos Dallas Cowboys.
Historia Malia que o nome orixinal do estadio foi Cowboys Stadium, en 2013 a empresa de telecomunicacións AT&T adquiriu os dereitos de patrocinio.
Entre os principais eventos que tiveron lugar neste estadio destaca a Super Bowl número XLV que levou a cabo o 6 de febreiro de 2011 e na que os Green Bay Packers bateron os Pittsburgh Steelers por 31 a 25. En 2022 o estadio foi elixido como unha das 16 sedes do Mundial de Fútbol de 2026, no que acolleu nove encontros, cinco da fase de grupos e catro da fase de eliminatorias.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do AT&T Stadium
Categoría:Estadios da NFL Categoría:Dallas Cowboys Categoría:Mundial de Fútbol de 2026