Luise Catharina Amalie Zietz, apelido de solteira Körner, nada en Bargteheide (Prusia) o 25 de marzo de 1865 e finada en Berlín (República de Weimar) o 27 de xaneiro de 1922, foi unha socialista e feminista alemá. Amais de ser a primeira muller en liderar un partido político en Alemaña, contribuíu á introdución do feminismo socialista no Partido Socialdemócrata de Alemaña.
Traxectoria En 1908 o goberno xermano permitiu a participación das mulleres na política, polo que Zietz ingresou no comité executivo do Partido Socialdemócrata. Tempo despois nomeou a Marie Juchacz para un posto remunerado de secretaria no partido en Colonia, daquela pertencente á provincia do Alto Rin.
Zietz asistiu á Conferencia Socialista de Viena de 1915 en representación do seu partido, xunto con Friedrich Ebert, Hugo Haase, Hermann Molkenbuhr e Herman Müller.
En 1917 foi unha das principais instigadoras da división do partido, que levou á creación do Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña.
En 1919 converteuse nunha das primeiras deputadas do Reichstag.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Feministas de Alemaña Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados en 1865 Categoría:Socialistas Categoría:Políticos de Alemaña