Un controlador de visualización de vídeo (Video Display Controller ou VDC en inglés) é un circuíto integrado que é o elemento principal dun xerador de sinal de vídeo, un dispositivo responsable de producir un sinal de vídeo nun televisor ou nun sistema de videoxogos. Algúns VCD tamén xeran un sinal de son, pero neste caso non é a súa función principal.
Contexto miniatura|Un chip gráfico TMS9918A, usado no MSX. Os VDC usáronse con máis frecuencia en antigos ordenadores domésticos da década de 1980, pero tamén nalgúns dos primeiros sistemas de videoxogos.
O VDC é sempre o compoñente principal da lóxica do xerador de sinal de vídeo, pero ás veces necesitábanse outros chips que proporcionaban soporte, como a RAM para almacenar datos de píxeles, a ROM para conter fontes de caracteres ou algunha lóxica discreta, como os rexistros de desprazamento, para construír un sistema completo. En calquera caso, é responsabilidade do VDC xerar a temporización dos sinais de vídeo necesarios, como os sinais de sincronización horizontal e vertical e o sinal de intervalo de supresión.
Con máis frecuencia, o chip VDC está completamente integrado na lóxica do sistema informático principal (a súa RAM de vídeo aparece no mapa de memoria da CPU principal), pero ás veces funciona como un coprocesador que pode manipular o contido da RAM de vídeo de forma independente.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Circuítos integrados Categoría:Gráficos por ordenador