miniatura|250x250px|Cabeza xuvenil de Vitoria nun modelo para un cuarto de soberano que non se chegou a emitir."¼ Sovereign - Victoria Young head; Pattern". Numista.com As moedas británicas da serie Young Head (en galego: cabeza xuvenil) caracterízanse por amosar nos seus anversos unha cabeza da raíña Vitoria empregada por primeira vez en 1838, cando era aínda unha adolescente. Deseñado por William Wyon, esta representación ficou nalgunhas moedas británicas ata 1887, ano no que a raíña tiña case 70 anos, polo que xa na súa senectude non se recoñecía na imaxe das primeiras moedas. A cabeza de Vitoria de Wyon tamén apareceu na moeda das dependencias de soberanía británica.
A raíña posou para Wyon varias veces entre agosto e setembro de 1837 para que este puidese crear o seu retrato numismático, que foi aprobado en febreiro de 1838, e ese mesmo ano, a Royal Mint comezou a emitir a nova serie de moedas co novo retrato. Algunhas delas levaban reversos deseñados tamén polo propio Wyon, en tanto que noutros casos foi o artista Jean Baptiste Merlen o autor dos reversos. A nova emisión provocou reaccións favorables en xeral, sinaladamente o reverso coa escena Una and the Lion ("Una e o león"), na peza de cinco libras.
O retrato de Vitoria creado por Wyon foi un dos favoritos da raíña, e por iso continuou nas moedas durante tanto tempo, mesmo despois de que a semellanza se fose perdendo paseniño. Foi substituído no penique e nas súas fraccións cando a moeda de cobre foi substituída por outra de bronce na década de 1860, mais continuou nalgunhas das moedas de ouro e prata. Finalmente, a serie foi sucedida no sistema monetario polas moedas do Xubileu de Vitoria en 1887.
O retrato de Wyon foi imitado ou reproducido desde o momento da súa emisión en diferentes medallas, moedas e fichas comerciais, e mesmo inspirou o deseño do primeiro selo británico, coñecido como Penny Black. Ademais, tanto este retrato como o reverso de Una and the Lion apareceron en senllas moedas conmemorativas británicas en 2019.
Antecedentes e preparación miniatura|William Wyon, autor do retrato de Vitoria coñecido como Young Head, nun gravado de William Drummond (1835)."Print made by William Drummond, active 1800–1850, William Wyon, 1835". Yale Center for British Art (britishart.yale.edu). O rei Guillerme IV morreu o 20 de xuño de 1837, e a súa sobriña, Vitoria, foi a súa sucesora, un cambio que provocou a necesidade de preparar uns novos deseños para a moeda británica.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 27. Así as cousas, o daquela gravador xefe da Royal Mint, William Wyon, centrouse no anverso da nova serie de moedas, que amosa o retrato do monarca, en tanto que o segundo gravador se encargou de traballar nos seus reversos.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 14.
Logo dun período de tensión entre William Wyon e Benedetto Pistrucci por se facer co posto de gravador xefe da casa da moeda, o conflito resolveuse concedéndolle o posto ao primeiro en 1828, e o segundo foi nomeado medallista xefe, ambos con salarios iguais. Outra das figuras salientables da Royal Mint naqueles momentos era Jean Baptiste Merlen, de orixe flamenga e con experiencia no gravado de medallas oficiais en París, baixo o Primeiro Imperio Francés. Merlen emigrara a Gran Bretaña e fora contratado pola Real Casa da Moeda, aparentemente por recomendación de Pistrucci."Merlen, Johann Baptist". En Forrer, L. (1909). Páxina 38. O seu posto oficial era era o de gravador con carácter temporal, xa que, do mesmo xeito que Pistrucci —de orixe italiana—, os estranxeiros eran inelixibles por lei para os postos permanentes con soldo na ceca real. Na práctica, Merlen actuaba como segundo gravador, e ese posto ficou vacante ata despois da súa xubilación en 1844.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 492-493.
A raíña Vitoria posou para Wyon no Castelo de Windsor o 25 de agosto de 1837, dous meses despois de se converter en raíña, e despois novamente o día seguinte e dous días máis tarde.Jones, Mark (2025). Páxina 61. O 15 e o 16 de setembro repetíronse senllas sesións, o que lle permitiu a Wyon completar o retrato para a nova serie de moedas, que resultou ser moi semellante ao utilizado na medalla que el mesmo preparara para unha medalla conmemorativa do seu ascenso ao trono.Jones, Mark (2025). Páxina 71. A Pistrucci tamén se lle concederon sesións de posado, xa que aínda que Wyon se encargaba do deseño das moedas, a Pistrucci encomendáraselle a medalla real da coroación. Aínda se mantiña unha forte rivalidade entre ambos os gravadores na Royal Mint, e cada un tiña os seus partidarios e detractores na institución; o redeseño da moeda tivo lugar, xa que logo, no medio dunha tensión entre os dous bandos que tivo as súas repercusións nos xornais da época.Jones, Mark (2025). Pñaxinas 62-63.
Os requisitos que deberían cumprir os novos deseños foron descritos por unha orde real datada o 26 de xullo de 1837. Medio ano despois, o 15 de febreiro de 1838, Henry Labouchere, director da Royal Mint (Master of the Mint) naquel momento, presentoulle á raíña os deseños para a nova serie de moedas, xunto cun exemplo dun soberano, e estas propostas resultaron aprobadas o 26 de febreiro.Marsh, M. A. (2017) . Páxinas 27-28.
O proceso de creación da nova serie sufriu varios atrasos. Un partidario de Wyon —probablemente Nicholas Carlisle— acusou a Pistrucci de ordenar aos empregados da Royal Mint que traballasen na medalla de coroación, cando deberían estar axudando a preparar a nova moeda.Jones, Mark (2025). Páxina 436. Merlen, que se encargou do gravado dos reversos das moedas de prata e de ouro —nas de cobre foron gravados por Wyon—, demorou a finalización do seu traballo e non o rematou ata 1839. Logo, a Casa da Moeda sufriu dificultades na produción, xa que os cuños de produción rompían antes de poderen cuñar unha cantidade aceptable de moedas, o que levou a Wyon a visitar a Monnaie de Paris por conta propia para ver se os responsables da ceca francesa podían axudar. Malia achar un bo acollemento en Francia, mesmo cunha audiencia co rei Luís Filipe, esta visita non acabou cos problemas que estaban a demorar o proceso.Jones, Mark (2025). Páxinas 71-72.
Finalmente, Wyon puido utilizar o mesmo retrato de Vitoria para as moedas de todos os valores faciais da serie, empregando unha máquina redutora que a Royal Mint adquirira en 1824, feita a semellanza doutra que Pistrucci acadara para o seu propio uso.Craig, J. (2010) .. Páxina 299.
Deseños
Anversos miniatura|Esta escultura de Antonio Canova, unha variación da Ninfa da Fonte,"Fountain Nymph (Naiade giacente) 1815-17". Royal Collection Trust (RCT.uk). inspirouse Wyon para o seu retrato. As moedas da serie Young Head presentan nos seus anversos un retrato de Vitoria ollando cara á esquerda, co cabelo suxeito por un diadema dobre e atado nun nó,Jones, Mark (2025). Páxina 435. do que escapa un rizo solto.Kappen, C. V. (1950). O deseño da moeda é un desenvolvemento a partir das medallas que William Wyon preparara para o ascenso de Vitoria ao trono e para a visita do príncipe Henrique dos Países Baixos á Casa da Moeda, todas elas inspiradas na escultura Fountain Nymph ("Ninfa da Fonte"), de Antonio Canova.
O numismático Lawrence W. Cobb describiu este retrato como:Cobb, L. W. (1984). Páxina 493.Cobb salientou a descrición que desta serie fixo a casa de poxas Stack's logo da súa presentación, segundo a cal Wyon conseguira "captar o seu encanto xuvenil espontáneo e, ao mesmo tempo, crear un excelente parecido".Cobb, L. W. (1984). Páxinas 493, 499. Segundo o Museo da Royal Mint, de entre os retratos de Wyon de Vitoria:"William Wyon". Royal Mint Museum (royalmintmuseum.org.uk).Kevin Clancy, no seu traballo monográfico sobre a historia da moeda dun soberano, afirmou que o retrato de Wyon transformou unha monarca non coñecida pola súa beleza nunha moza atractiva. Non é de estrañar, xa que logo, que se convertese nun dos artistas favoritos da raíña, e que o seu retrato da serie Young Head se mantivese ata que Vitoria tiña máis de 60 anos.Clancy, K. (2017) . Páxina 69.
Segundo André Celtel e Svein H. Gullbekk, no seu traballo sobre os soberanos, "as fermosas características deste retrato sinxelo e depurado favorecen a raíña, que xa era avoa na súa ancianidade antes de permitir que desaparecese da moeda".Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 105.
As iniciais de Wyon aparecen na parte truncada do busto nas moedas de valor facial superior aos seis peniques.Lobel, R. ed. (1999) . Páxina 534.
Reversos Con data de 1839 emitiuse a única moeda de cinco libras correspondente á serie Young Head, caracterizada pola representación no seu reverso da coñecida escena de Una e o León (Una and the Lion). O numismático Richard Lobel considera este reverso como un dos máis famosos e atractivos de todas as moedas británicas, e sitúaa nun "status de culto".Lobel, R. ed. (1999) . Páxina 427. Pola súa banda, o autor numismático Peter Seaby fala de "esta famosa moeda deseñada por William Wyon",Seaby, P. (1985). Páxina 153. e para Graham Bennett é a obra mestra de Wyon.Bennett, G. (2013). Páxinas 47-48. A Royal Mint caracterízaa así no seu sitio web: "A peza de ouro de cinco libras de 1839, aínda que non é tan espectacularmente rara como as moedas de proba de Eduardo VIII, é, quizais, unha das moedas máis fermosas do mundo"."Una and the lion five-pound piece". Royal Mint Museum (royalmintmuseum.org.uk).miniatura|361x361px|Pintura de Briton Rivière que representa Una e o León, motivo do reverso do quíntuplo soberano."The Faerie Queene - Una and the Lion". Chasingart.caO simbolismo da moeda estivera asociado ata aquel momento a monarcas masculinos, polo que cumpría achar uns novos motivos acaídos para o quíntuplo soberano que substituísen o reverso de San Xurxo e o Dragón que no seu día deseñara Pistrucci para esa moeda de prestixio; o resultado dese cambio foi a representación de Una and the Lion creada por Wyon,Jones, Mark (2025). Páxina 73. na que Una aparece guiando un león cara á esquerda. Esa escena aparecía xa na obra épica do século XVI de Edmund Spenser The Faerie Queene.Bair, B. (2023). Páxinas 46-47. Un exemplar desta escasa moeda nunha condición de conservación e beleza excepcional acadou nunha poxa numismática en 2021 un prezo de 1,04 millóns de libras esterlinas.Bair, B. (2023). Páxina 50.
As outras moedas de ouro pertencentes á serie Young Head son o soberano e o medio soberano. Inicialmente, ambas reproducían as armas reais nos seus reversos, cunha representación que supón un cambio con respecto aos reinados anteriores, xa que nelas se omiten as armas de Hannover. O motivo da omisión é que, segundo a lei sálica, as mulleres non podían herdar ese trono,Lobel, R. ed. (1999) . Páxina 468. e así, logo do pasamento do rei Guillerme, foi Ernesto Augusto, duque de Cumberland e tío de Vitoria, quen pasou a ser o novo rei de Hannover.Hawkins, R. N. P. (1959). Páxina 204. No soberano, as armas están rodeadas por unha coroa de loureiro e, por baixo dela, un trevo e un cardo están ligados a unha rosa, como símbolos de Irlanda, Escocia e Inglaterra. Pola súa banda, no medio soberano a coroa e os emblemas florais substituíronse por un motivo ornamentado.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 122.